O delegado da Xunta en Ourense comproba o remate das obras dun camiño en Vilamaior, Castro Caldelas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Castro Caldelas para supervisar as obras, xa rematadas, de drenaxe e pavimentación dun camiño no núcleo de Vilamaior, no concello de Castro Caldelas, nas que a Consellería do Medio Rural investiu preto de 48.000 euros a través das axudas do Plan Infraestruturas Rurais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial sinalou que esta actuación de pavimentación de 1.298 m2 a base de formigón, previa limpeza do pavimento existente, así como mellora do drenaxe dun tramo do camiño que presentaba unha elevada humidade no punto de emprazamento dunha fonte, contribuirán a mellorar os desprazamentos dos veciños que residen no lugar e incidir así, positivamente, na súa calidade de vida.

Segundo Gabriel Alén, este plan “pretende dar resposta ás necesidades que presentan os concellos no ámbito da mobilidade, o que redunda no correcto desenvolvemento da actividade económica e dos servizos e, en definitiva, no benestar de vida dos veciños”.

Lembrou tamén o delegado territorial  que o concello de Castro Caldelas foi beneficiario do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas con preto de 48.000 euros para a mellora do camiño rural Ruídos – A Igrexa – Acceso a Mazaira. “Estas achegas – valorou Gabriel Alén- van destinadas a facilitarlles aos concellos galegos a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso a, cando menos, dúas parcelas agrícolas, incluíndo tanto actuacións que supoñan un incremento da largura da vía como un aumento da súa lonxitude se rematan nunha estrada ou noutro camiño”.

Nesta liña, Gabriel Alén destacou a importancia destes programas de subvencións para as administracións locais, que permiten mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das súas principais vías de comunicación.

O representante do Goberno galego explicou que o Plan de mellora de camiños rurais persegue a mellora de infraestruturas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural. Así, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio, reforzan o tecido social e contribúen a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamizan o tecido produtivo e fixan poboación.