A voceira socialista pide apoio para defender ao funcionarado ourensán

A voceira do grupo municipal socialista,Natalia González Benéitez, fai un chamamento a todas as forzas políticas, sindicatos e funcionariado do Concello de Ourense para condear e denunciar públicamente o acoso e derribo do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, aos traballadores e traballadoras municipais e para “plantarlle cara sen medo nin complicidade a un obsesivo dictador que está a destruir o Concello e danar irremediablemente a imaxe da cidade”.

“Dende o GMS trasladamos unha vez máis o noso apoio e respecto total a todos e todas as empregadas do noso concello ante un rexidor que, xunto aos seus asesores e concelleiros floreiro, dedica o seu tempo a exercer de Torrente desatado polas dependencias municipais sobrepasando todos os límites”, afirma a tamén secretaria xeral do PSdeG-PSOE en Ourense. E insta de novo ao PP a poñer fin dunha vez ao “via crucis” que está a padecer a cidade por ser os “máximos responsables da situación e cesar xa dunha vez no seu branqueamento e apoio na sombra a Democracia Orensana”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os e as socialistas lamentan a campaña de demonización e persecución do funcionariado, iniciada polo rexedor e consideran que se trata dun desvío da atención máis “para tapar vergoñas e crear unha cortina de fume”, evitando así falar da súa mala xestión, atender as necesidades dos e das máis vulnerables ou render contas do que fai.

Acoso e presións a traballadores e traballadoras nos seus postos, incitación ao odio nas redes sociais cara a representantes sindicais e políticos, acceso a datos protexidos e confidenciais das persoas ou a vulneración reiterada do ROF para impedir a altos funcionarios ou oposición intervir no pleno son algunhas das actuacións levadas a cabo polo rexedor en menos de tres meses de goberno, segundo enumeran os e as socialistas.

“Solicitaremos todos os informes necesarios para poder actuar fronte a todo o manifestado anteriormente. Porque son feitos de máxima gravidade que non poden pasar desapercibidos nin con total impunidade pública e institucional para o alcalde, para o seu ‘equipo de investigación’, nin tampouco para os seus colaboradores necesarios na sombra”, subliñou a portavoz municipal.

Engadiu, nesta liña, que entre as “vítimas recentes e coñecidas” de Jácome están: a ex xefa de negociado de comercio, a tesoureira, o interventor, o representante de CCOO, as traballadoras sociais ou os de medio ambiente. “O noso concello pasa por unha situación crítica, en vías dunha desintegración total e absoluta, por iso pedimos que se deixe a un lado a covardía e que afrontemos todos xuntos esta situación para poder freala antes de que se convirta en irreversible e traia consecuencias aínda máis graves”, remata González Benéitez.