A Xunta promove a creación de 21 novas Casas do Maior para seguir levando atención diúrna a concellos do rural. Entre eles Arnoia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o centro O lar d’Arnoia.

Aos 104 centros en funcionamento nestes momentos, sumaranse estes novos para estender a rede de atención diúrna gratuíta por toda Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Goberno galego leva servizos a todos os municipios galegos para que as persoas maiores poidan decidir onde vivir esta etapa das súas vidas ao tempo que están ben atendidos.

A Xunta promove a creación de 21 novas casas do maior para levar atención diúrna a concellos do rural. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o centro en funcionamento no concello da Arnoia, coñecido como O lar d’Arnoia.

A conselleira sinalou que, a través da resolución desta nova orde de axudas, o Goberno galego concedeu a creación destes novos centros para seguir incrementando a súa presencia por toda Galicia. En concreto, ás 104 casas do maior en funcionamento na actualidade, sumaranse ao longo deste ano unha vintena de novos centros ata chegar a un total de 125. A súa maioría na provincia de Ourense.

As casas do maior naceron no ano 2018 para facilitar a creación de servizos de atención diúrna e gratuíta a maiores en concellos pouco poboados do rural. Fabiola García lembrou que a Xunta achega atención a todos os recunchos da nosa Comunidade mediante estes servizos e tamén co reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o programa Xantar na casa, o Coidados porta a porta ou o de Benestar en Balnearios, que axuda a 1.200 maiores a desfrutar de estadías en establecementos deste tipo.

Segunda casa do maior na Arnoia

Entre os beneficiarios desta nova orde de axudas para crear novas casas do maior atópase unha promotora do concello de Arnoia. Deste xeito, este concello ourensán contará cun segundo centro, logo do éxito de acollida da primeira casa do maior. Baixo o nome O lar d’Arnoia II, permitirá dar resposta á crecente demanda deste servizo.