Un mozo de 20 anos, ( J V.I.C ) do Carballiño, faleceu este domingo nas Fervenzas do concello de Melón. O mozo caeu polo barranco cando ía dando un paseo con amigos. Ao parecer a vítima escorregou e perdeu pé, acabando en en unha das pozas que está ao fondo da fervenza.
O accidente sucedeu pouco antes das seis da tarde e aínda que desde o servizo de emerxencias 112 deuse a alerta inmediata aos servizos de urxencias sanitarias, ao GES de Ribadavia e aos bombeiros do parque comarcal do Carballiño, cando estes profesionais chegaron ata onde estaba o corpo do mozo nada puideron facer por salvar a súa vida.