A Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense designa unha xestora no PP da cidade con Victoria Núñez como presidenta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Despois da renuncia do presidente local, o novo órgano rexerá ata a celebración dun congreso● Os populares manteñen firme o seu compromiso de traballar pola urbe e seguir incorporando ás súas filas veciños e veciñas que desexen achegar novas ideas e proxectos de futuro● Tamén designouse por unanimidade aos membros que representaráá Xunta Directiva Provincial na Xunta Directiva Autonómica do PPdeG

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

2 de outubro de 2023. A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense designou esta tarde por unanimidade unha xunta xestora no PP da cidade, como consecuencia da renuncia do que era ata o de agora o presidente local.

Na reunión celebrada este luns na sede dos populares en Ourense, que contou coa presenza do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda; a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; e o presidente provincial, Manuel Baltar; o primeiro punto da orde do día foi a designación desta xestora, que terá como presidenta a Victoria Núñez, que na actualidade exerce como xefa territorial da Vicepresidencia 2ª e Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Así mesmo, formarán parte como vogais da xestora Elena Rivo, responsable de Emprego e Igualdade no Goberno galego; Marisol Díaz Mouteira, vicevoceira 3ª no Parlamento de Galicia; a senadora Rosa Sánchez GándaraManuel Alexandre Novoa, presidente de Novas Xeracións na cidade; os ex concelleiros Mario Guede e Eugenia Díaz AbellaÁlvaro Cid Bragado, director do colexio Divino Maestro; José Estévez, ex presidente das NNXX da cidade; e Ana Muñoz, directora do centro de ensinanza Epapu de Ourense.

Ademais, serán membros natos da xestora os concelleiros do grupo municipal afiliados á formación: Ana Méndez, Jorge PumarNoelia PérezInma MoreirasMiguel Ángel Michinel e Sonia Ogando.

Este órgano estará vixente ata que teña lugar a celebración dun congreso e se designe un novo presidente local. Tanto a través da xestora como do grupo municipal, os populares manteñen firme o seu compromiso de traballar pola cidade de Ourense, e seguir incorporando ás súas filas veciños e veciñas que desexen achegar novas ideas e proxectos de futuro para a urbe.

Integrantes da Xunta Directiva Autonómica do PPdeG

Como segundo punto da orde do día, designouse aos membros que representarán á Xunta Directiva Provincial na Xunta Directiva Autonómica do PPdeG. En concreto, estarán integrados neste órgano María del Carmen González, María Teresa Barge, María del Carmen Yáñez, Mario Rodríguez, César Enríquez Cachín, Patricia Torres e Xosé Miguel Pérez Chemi

Breve currículo de Victoria Núñez López (Ourense, 1975)

Licenciada en Dereito pola Universidade CEU San Pablo, ingresou como funcionaria de carreira no Corpo Superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia en 2003. Ocupou distintos cargos de responsabilidade na Xunta de Galiciadesde o 2003 ata a actualidade, que exerce de xefa territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.