O BNG entende que a nova licitación do proxecto actual da estación Intermodal “non responde ás necesidades reais da cidade”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O Goberno do Estado ven de anunciar a nova licitación das obras da estación intermodal de Ourense por un importe superior aos 134 millóns de euros. Desde o Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense entenden que a licitación do proxecto actual, modificado polo PP no seu día e validado na actualidade polo PSOE “é un paso máis na a consolidación dun proxecto que non responde ás necesidades reais da cidade”.

O Portavoz nacionalista Luís Seara insiste unha vez máis “no que o BNG ven defendendo desde hai tempo. A necesidade de modificar o proxecto co obxecto de permitir o traslado das mercadorías ao Polígono de San Cibrao das viñas, decisión que goza ademais dun amplísimo consenso social, político e empresarial”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Seara tamén fai referencia ao feito de que se vaian manter até un total de once vías, tres delas reservadas á alta velocidade. “Non acabamos de entender e tampouco se nos explica, para qué se precisan oito vias de tipo convencional”, e engade, “tampouco hai alusións a como se distribúe o espazo non necesario nin como se comunicaran os vehiculos entre os dous barrios de A Ponte e o Vinteún”.

Desde o BNG volven incidir na necesidade de estudar “o retranqueo da actual praia de vías cara a parte norte, é dicir, ao carón da rúa Río Arnoia que xunto ao xa mencionado traslado das mercadorías para o Polígono de San Cibrao, suporía unha gran mellora para o desenvolvemento urbanístico e da mobilidade de toda a zona ademais de aportarlle ao barrio máis de 100.000 metros cadrados de solo dotacional”.

O BNG reitera unha vez máis a necesidade da convocatoria dunha reunión dos asinantes do convenio, Concello, Xunta e ADIF “para definir ben todos estes aspectos e, sobor de todo, corrixir e mellorar o proxecto. Cada vez temos menos tempo pois cada paso adiante na execución do proxecto actual é un paso atrás no desenvolvemento dunha infraestrutura chave para o futuro da cidade e que verdadeiramente sirva para resolver os problemas existentes de mobilidade e permeabilidade polo que cómo se execute non é unha cuestión menor”.