Dobre carteleira no Novo Cine de Leiro para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso, repite “Amigos hasta la muerte”. María, Nacho e Suso son tres amigos de toda a vida. Xuntos compartiron moitas cousas, quizais demasiadas… E de súpeto, dous deles terán que compartir o segredo de que o outro vai morrer. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda, unha estrea, “La ternura”. Conta a historia dunha raíña algo máxica e as súas dúas fillas princesas que viaxan na Flota das Indias para casar. Cando a Flota pasa preto dunha illa, invoca unha tormenta que afunde o barco no que viaxan. O seu plan é quedarse e vivir nesa illa coas súas fillas para que non volva ver un home na súa vida. O problema é que escollen unha illa na que un leñador vive desde hai vinte anos cos seus dous fillos que fuxiron alí para non volver ver a muller na súa vida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Poderase ver o venres e sábado ás 18:00 horas, 20:00 horas e 22:00 horas e o domingo ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.