O grupo municipal socialista logra o apoio do pleno para impulsar as obras de rehabilitación integral da praza de abastos, e a súa contorna, e que se recupere, de xeito urxente, a locomotora da Ponte

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal socialista conseguíu o apoio maioritario –cos votos a favor do Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego e a abstención de Democracia Ourensana– en ámbolos dous casos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No caso da Praza de Abastos, a iniciativa reclama, ademais, que se convoque á comisión de seguimento das obras para a presentación dun cronograma completo das actuacións destinadas a reactivar o proxecto

Ourense, 6 de setembro de 2023. O grupo municipal socialista conseguíu o apoio maioritario –cos votos a favor de PP e BNG e a abstención de DO– da Corporación para instar ao Goberno de Gonzalo Pérez Jácome a que adopte todas as medidas oportunas para o desbloqueo urxente da rehabilitación integral da Praza de Abastos a través dunha moción presentada na sesión de pleno ordinaria de outubro. 

A iniciativa, exposta polo edil José Ángel Vázquez Barquero, reclama, ademais, que se convoque á comisión de seguimento das obras para a presentación dun cronograma completo das actuacións destinadas a reactivar o proxecto como poden ser a urbanización da contorna do edificio histórico, a elaboración do plan funcional para a futura distribución dos postos, a 2ª fase do proxecto de remodelación do Rianxo e o seu arredor e a construción dunha piscina termal nos baixos de dito edificio.

O grupo municipal socialista tamén vén de lograr o apoio maioritario da Corporación –cos votos a favor de PP e BNG e a abstención de DO– para que se recupere de xeito inmediato o exemplar de locomotora do barrio de A Ponte, en importante estado de degradación. “Trátase dunha das dúas únicas máquinas da compañía MZOV (Medina-Zamora-Ourense-Vigo), modelo ‘Mastodonte’, que quedan no mundo”, sinalou a voceira do PSdeG-PSOE, Natalia González Benéitez.

Así mesmo, defendeu que “non é de recibo deixar perecer un símbolo histórico da importancia do ferrocarril na terceira cidade de Galicia” e que non é imperativo só de recuperala, senón de que toda a cidadanía –foránea e extranxeira– poida coñecer as súas características e o fito que supuxo “cunha sinalización” adecuada e un punto de información permanente.

No ano 2022, o Goberno de Jácome sacaba a licitación o proxecto de rehabilitación da locomotora por un importe de 142.640 euros, cun prazo de execución de 4 meses, quedando deserto por falta de ofertas ao concurso, de maneira definitiva, o 2 de xaneiro do presente ano. “Inmediatamente despois, o propio executivo anunciaba que se volvería adxudicar a través dun procedemento negociado e que as obras non tardarían máis de 30 días en iniciarse, algo que non aconteceu”, rematou a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.

Sobre a moción de urxencia para o mantemento das UNIS

Dende o grupo municipal socialista lamentan que o alcalde se saltase o Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense para intentar evitar o debate dunha moción de urxencia sobre o desmantelamento das UNIS que el anunciou esta mesma semana.

Dito texto recolle, no que ten que ver coas urxencias, que: “As mocións deberán ser sometidas a debate no Pleno, sen prexuizo de que sexan resoltas polo órgano competente por razón de materia. Neste senso, e con independencia do órgano municipal que teña atribuida a competencia para a adopción do correspondente acordo, a moción deberá ser debatida e votada polo Pleno do Concello”.

A voceira socialista insistiu en que hai un punto na orde do día de todos os plenos ordinarios para este tipo de iniciativas que se poden rexistrar ata as 11.00 horas da xornada anterior á celebración do mesmo. “É a Corporación a que debe decidir e votar se se acepta a debate, ou non”, puntualizou facendo mención ao regulamento. E lembrou que o actual alcalde, cando todavía estaba na oposición no ano 2016, seguiu este mesmo procedemento para introducir unha “moción de urxencia contra a sinatura do convenio marco de colaboración para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Ourense”.

En resposta ao rexedor, que cualificou o proceder como un fraude de lei, a secretaria xeral do PSdeG-PSOE na cidade afirmou que, se ben é certo que hai un acordo de principio de mandato polo cal os e as socialistas só poden levar dúas mocións por pleno ordinario, tamén o é que nel non se fai referencia ás iniciativas de urxencia que si aparecen recollidas e amparadas no regulamento antes mencionado.