Deputados de Ourense, Pontevedra e Zamora reclaman conxuntamente ao Ministerio de Transportes que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas

  • 8 deputados do grupo parlamentario popular no Congreso veñen de rexistrar por escrito ao Goberno en funcións que incremente a partida orzamentaria destinada á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros
  • A A-52 que da comezo en Benavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Pontevedra-Ourense, 6 de outubro de 2023.-. Os deputados por Pontevedra, Ana Pastor, Irene Garrido e Pedro Puy; por Ourense, Celso Luis Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana; e Elvira Velasco e Óscar Ramajo, deputados por Zamora, do grupo parlamentario popular no Congreso, veñen de rexistrar por escrito ao Goberno central en funcións que solvente as deficiencias que presenta a Autovía das Rías Baixas.

Esta autovía é transitada diariamente por miles de conductores, con moito tráfico de camións, que non contan coa seguridade necesaria que debería ter esta estrada. Polo tanto, os deputados populares das tres provincias polas que transcorre a A-52 solicitan ao Goberno en funcións o incremento das partidas orzamentarias destinadas á conservación integral da autovía, para solventar as notables deficiencias que presenta o seu firme ao longo de moitos dos seus quilómetros.

AVANTAR ACTIVIDADES

A A-52 que da comezo en Benavente e remata en Porriño, descorre polas provincias de Zamora, Ourense e Pontevedra. Está integrada na Rede de carreteras do Estado, polo tanto a súa conservación e mantemento correspóndelle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Os deputados populares consideran que as obras de mantemento e rehabilitación do firme non son suficientes posto que a calzada presenta multitude de baches e remendos, o asfalto é rugoso, e isto todo fai que a condución nesta vía sexa moi molesta e perigosa.