Antiq Auria pecha a 7ª edición superando as 2.000 visitas

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A 7ª edición da Feira Internacional de Antigüidades, Antiq Auria, pechou as súas portas en Expourense tras tres días nos que 45 expositores de España, Portugal, Francia e Suíza ofrecían miles de antigüidades e obxectos de coleccionismo e vintage. E o público respondeu á súa chamada, rexistrando unha asistencia que superou ás 2.000 persoas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta cita supuxo tamén unha boa oportunidade para os expositores que vendían obras de arte como os cadros de pintores galegos de referencia e estranxeiros.

O obxectivo de Antiq Auria, segundo indica “Memoria Antiga”, organizadores do evento, é “poñer en valor o antigo e que as persoas conserven e coiden as cousas antigas porque forman parte da súa historia”. Ao mesmo tempo, queren promover o hábito de mercar antigüidades.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------