Éxito de participación no Día da Bici do Carballiño

O Día da Bici no Carballiño alcanzou a súa 18ª edición onte domingo. Un evento lúdico e deportivo organizado dende a área de deportes do concello e que este ano conseguiu afianzar un récord de participación de todas as idades e cunha xornada na que o tempo acompañou. A concelleira de deportes, Silvia Baranda, destacou a aposta do concello por un evento deste tipo.

Coma sempre, esta xornada non premia aos primeiros, pero si ten premio por participar. Ademais dunha bicicleta aportada polo Club Ciclista Carballiño e uns auriculares, o CCA tamén pon o seu gran de area con varios vales de compra. Os sorteos realizáronse entre os máis de 300 participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES