O grupo municipal socialista critica que o alcalde faga demagoxia coas festas e pretenda que se aprobe un millón de euros para sufragalas sen explicar de que festexos se trata

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Se coas luces o argumento era o de que non teñen cartos pero queren contratalas igual, agora, ademais de non ter cartos para festas, nin se quera explica en que vai gastar o diñeiro”, afirmou a edil María FernándezOjea

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao mellor a veciñanza pensa que o que imos pagar con esta partida son festas como os magostos ou incluso o entroido, que xa pasou, pero esas celebracións teñen a súa propia partida orzamentaria de medio millón de euros”, puntualizou

Ourense, 11 de outubro de 2023O grupo municpal socialista acusou ao Goberno de Gonzalo Pérez Jácome de ocultar información esencial para que a oposición poida estudar as modificacións de crédito, que se pretenden aprobar no pleno, e de non render contas sobre o destino dunha partida orzamentaria millonaria.

“Se coas luces o argumento era o de que non teñen cartos pero queren contratalas igual, agora, ademais de non ter cartos para festas, nin se quera explica en que vai gastar o diñeiro”, expuxo a edil María Fernandez Ojea na sesión extraordinaria que tivo lugar esta mañá sobre a nula información ofrecida polo Executivo local. “En realidade, o que estamos a facer agora é habilitar crédito para financiar a campaña electoral de Democracia Orensana”, criticou despois de incidir en que non se facilita a información suficiente e requerida polos concelleiros e concelleiras da oposición.

“Ao mellor a veciñanza pensa que o que imos pagar co que pretende aprobar son festas como os magostos ou incluso o entroido, que xa pasou, porque esas son as festas tradicionais. Pero ditas celebracións teñen a súa propia partida orzamentaria habilitada con medio millón de euros, dos cales o ano pasado gastaron 405.000. Neste caso son 860.000 euros que se suman a 1,2 millóns de euros que imos gastar en no se sabe que”, insistiu sobre a modificación que non se someteu a votación ao aprobarse, por todos os grupos da oposición, a retirada da orde do día do expediente.

Ante a demagoxia do alcalde, que afirmou que retirando a cuestión se estaba a entorpecer o programa de fomento da lectura a través do cal o Concello de Ourense regala un libro a cada menor de idade da cidade, os e as socialistas lembran que as partidas poderían presentarse desagregadas para seren aprobadas de xeito individual.

“Con este expediente o que se está é malgastando diñeiro público, porque non nos di en que gastou os cartos e non sabemos a que festas se refire. Eu pensaba que a política deste Goberno era populista, darlle á xente o que quere. Pero non é populismo, senon demagoxia. E a demagoxia é un filtro distorsionador. Os datos obxectivos son absolutamente irrelevantes porque o alcalde non nos vai explicar en que se vai gastar os 2 millóns de euros da partida de actividades culturais e festivas. E dicir, que á xente lle guste a festa non xustifica o investimento público”, rematou Fernández.