Comunicado que fai chegar a Alcaldesa aos seus veciños e veciñas:
Infórmovos de que me comunican que chamaron dende este número de teléfono,
- 19014756668, a unha veciña do municipio facéndose pasar polo Concello de Boborás.
É unha estafa, así que non fagades caso ningún de chamadas dende este número ou outro descoñecido, nin dedes ningún dato.
Se queredes confirmar calquera información chamar ó teléfono do concello ó 988402008 en horario de 8 a 15.00 h e senón directamente a min ou a calquera concelleiro da corporación.