Constituídas a Xunta Xeral e o Consello de Administración de AquaOurense, dentro do marco da renovación dos seus órganos, prevista cada catro anos

Reunión da Xunta Xeral e Consello de Administración de AquaOurense.- O presidente da Deputación, Luis Menor, asiste á Xunta Xeral e o Consello de Administración de AquaOurense. No Pazo Provincial. Presidida por Plácido Álvarez Dobaño (Vicepresidenta da Deputación de Ourense); Javier Bobe Vázquez (Xefe de Árez da Deputación de Ourense); Marta Colet Gonzalo; Iván José Vicente García; María Teresa Abalde Sande; Juan Marquina Fuentes (Secretario da Deputación de Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense); Ana Teijeiro (Xerenta de AquaOurense), Victor Comesaña Diego
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Sala de Xuntas do Pazo Provincial acolleu esta mañá o acto de constitución da Xunta Xeral e do Consello de Administración de AquaOurense, Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, SA. Esta constitución enmárcase dentro do marco da renovación dos seus órganos de xestión, prevista cada catro anos. A reunión estivo presidida polo máximo responsable da Deputación, Luis Menor, acompañado polo vicepresidente terceiro e deputado de Administración Provincial, Plácido Álvarez, que será quen asuma a presidencia de ambos órganos por delegación do presidente provincial. 

Quedan así renovados os órganos de xestión da empresa mixta AquaOurese, conformada pola Deputación de Ourense e Viaqua. O seu obxecto é a captación, tratamento e distribución de auga para núcleos urbanos como concesionaria provincial na cooperación e asistencia en materia de ciclo hidráulico. Ademáis de fixar proxectos futuro, tamén se analizou o traballo realizado, con grandes exemplos como a consecución de financiación europea para o proxecto “OU-intelixente”, presentado pola Deputación a través da empresa mixta AquaOurense (formada pola propia institución provincial e Viaqua), que se converteu na segunda mellor proposta de España e a primeira de Galicia para dixitalizar a xestión do ciclo da auga, o que suporá contar con 7,75 millóns de euros para aplicar as últimas tecnoloxías ao tratamento e control dun recurso básico e estratéxico como é a auga.  E tamén outro exemplo destacado foi o proxecto Ruagua, recientemente premiado a nivel estatal. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO