O TDAH provoca dificultades na atención e no autocontrol das persoas que o padecen tanto na infancia, na adolescencia ou na idade adulta. Afecta ao 5-7% dos nenos en idade escolar e se diagnostica en nenos 3-4 veces máis que en nenas.
ENTENDENDO O TDAH trata de facilitar información e asesoramento baseados na evidencia científica.
A charla está organizada pola Area de Benestar Social e Cultura a través dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello do Carballiño e terá lugar o próximo venres 20 de outubro ás 18:00h na Casa da Cultura e será impartida pola Fundación INGADA.
Está dirixida a toda a poboación en xeral, a profesionais e especialmente ás familias con fillos/as en idade escolar para facer unha aproximqción xeral ó trastorno.
Qué é iste trastorno? Todos os nenos movidos son hiperactivos? Isto é unha moda? Estase a esaxerar este tipo de diagnóstico? Como se trata dende a familia, o centro escolar….Estas serán algunhas das preguntas ás que se tratará de dar resposta nesta charla que terá unha duración aproximada de 2 horas.
Para aquelas familias que o necesiten contarase cun servizo de conciliación gratuíto no mesmo edificio para facilitarlle a súa asistencia.
Será necesaria a inscrición previa chamando ó teléfono 988 531076 ou ben mandando correo electrónico a educadorafamiliar@carballino.gal ata o 19 de outubro
Con esta acción formativa o Concello quere dar ferramentas e estratexias ás familias que o necesiten xa que o TDAH supón un importante problema de saúde polo elevado número de afectados /as e polas consecuencias que conleva.