O colectivo veciñal Carballiño denuncia a situación “de abandono” do parque municipal

Dende o Colectivo Veciñal Carballiño queren facer pública a disconformidade que afirman que lle trasladan moitos veciños deste pobo ante “o lamentable estado que presenta en moitas das súas áreas o Parque Municipal”.

Aseguran que o que debería ser a xoia máis coidada do concello é “unha selva abandonada onde o mantemento brilla pola súa ausencia”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Destacan detalles coma “os pasamanos caídos que son un perigo á altura da pasarela de Toscaña ou as vallas totalmente destrozadas son probas máis que evidentes de que o enfado da xente está xustificado; árbores perigosas ou caídas no río, aceras levantadas, son outras das queixas que recibimos costantemente”.

Pídenlle ao Concello que tome medidas urxentes “para que os carballiñeses poidamos volver a estar orgullosos do noso Parque”.