O Novo Cine de Leiro proxecta dous filmes galegos esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Por unha banda, repite o filme infantil da nova estrea da Patrulla Canina, que se poderá ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas.

Por outra banda ofrece dous filmes galegos recoñecidos e premiados. “O corno”, recente gañadora dunha cuncha no festival de San Sebastián. Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que se gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Despois dun acontecemento inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que a fará loitar pola súa supervivencia. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 17:45 horas e ás 22:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

E por último, “O home e o can”. Manuel é un home con capacidades intelectuais minguadas que nunca saíu da súa aldea, onde vive completamente só tras a morte do último veciño, pero co seu can inseparable ata que un accidente o obriga a entrar na cidade en busca dun veterinario. Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 20:00 horas.