Unha oficina de emprego no Centro Comarcal, entre as inversións dos orzamentos da Xunta

A Xunta de Galicia ven de aprobar os orzamentos para o 2024, unhas contas nas que predomina o gasto social e nas que O Carballiño será un dos grandes beneficiarios.

A Parlamentaria Marisol Díaz Mouteira destacou hoxe proxectos coma o que se desenvolverá no Centro Comarcal, que terá unha nova vida acollendo a Oficina de Emprego e o Polo de Emprendemento, con máis dun millón de euros de inversión, entre outros proxectos coma o novo centro de saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estivo acompañada na visita polos concelleiros do PP carballiñeses e pola parlamentaria Noelia Pérez, quen fixo fincapé noutras axudas sociais que veñen de ser aprobadas, para a dependencia, para a educación e para as familias.