A Deputación capta un millón de euros de fondos europeos para unha comunidade transfronteiriza que avance na independencia enerxética das localidades da “raia”

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luis Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense vén de captar un millón de euros de financiamento europeo para levar a cabo un proxecto a través do cal artellar unha comunidade enerxética transfronteiriza que avance cara a independencia enerxética das localidades da “raia”. O proxecto pretende fomentar a produción e o uso de fontes de enerxía sostibles en rexións galegas e portuguesas, a través dun investimento total de 2.002.015,81 euros dos cales a Deputación de Ourense é o beneficiario principal do proxecto ao corresponderlle o desenvolvemento da maior parte deste orzamento (1.007.970 euros). 

O obxectivo é facilitar a xeración e o uso de enerxías con alto potencial na zona de actuación (eólica, fotovoltaica e xeotérmica) con accións que estean encamiñadas á determinación dos requisitos e posibilidades a nivel legal, técnico e tecnolóxico, así como establecer as directrices para que as entidades locais poidan implantalas nas súas respectivas instalacións municipais.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre as actuacións que se levarán a cabo no marco deste proxecto contémplase a posta en marcha de tres experiencias piloto de comunidades enerxéticas con infraestruturas de xeración de enerxía fotovoltaica. Estas comunidades enerxéticas permiten ás persoas que se asocien ser produtores de enerxías de fontes renovables e, grazas á instalación de sistemas de autoconsumo, poder xestionala e consumila. Estas experiencias levaranse a cabo en dous concellos da provincia de Ourense, Muiños e A Gudiña e outra en Portugal. 

A creación destas comunidades enerxéticas locais suporá unha mellora da calidade de vida da poboación local e permitirá reducir a dependencia dos grandes produtores enerxéticos e acadar unha futura autonomía enerxética. Ademais, aseguran un acceso xusto a fontes de enerxía renovables e permiten reducilos custos enerxéticos das familias e as entidades, avanzando na loita contra a pobreza enerxética, problemática de gran relevancia na situación actual.  

A implantación das experiencias piloto de comunidades enerxéticas, o estudo e a divulgación dos resultados das mesmas, co apoio dunha oficina transfronteiriza de asesoramento especializado na materia, favorecerá a creación de novas comunidades enerxéticas a ambos lados da fronteira.  

O estudo doutras fontes de enerxías renovables de carácter endóxeno e a súa viabilidade e aplicabilidade a nivel de comunidades enerxéticas locais de carácter similar, favorecerá a posta en marcha de experiencias de comunidades enerxéticas nas que a produción para o autoconsumo se faga a partir de novas fontes tamén de carácter local. 

Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027 

O Comité de Xestión do Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, acordou a concesión dunha axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de 1.501.511,86 euros, dun orzamento total de 2.002.015,81 euros, ó proxecto COMENERG: Comunidade enerxética transfronteiriza para a transición cara a autonomía e a sustentabilidade enerxética das localidades da Raia.  

Os socios deste proxecto son da parte galega: a Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo e o Instituto Energético de Galicia; e de Portugal: a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a AREA Alto Minho, o que permitirá avanzar de xeito conxunto e coordinado a ambos lados da fronteira nestes obxectivos.