O Cine Club proxecta mañá venres “Las dos caras de la justicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá venres, o Cine Club remata o mes coa película francesa “Las dos caras de la justicia”, dirixida por Jeanne Henry e interpretada por algúns dos actores e actrices máis representativos do actual cine francés.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Éxito rotundo de público no seu país é un filme sinxelo que atrapa ao espectador nun torrente de emocións que van aparecendo na pantalla a medida que avanza a historia, centrada na xustiza restaurativa, un modelo francés no se ofrece ás vítimas e aos delincuentes un posible diálogo, non exento dende logo de dificultades e atrancos. Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.