Ponte…nas Ondas! presenta o seu modelo en Madrid

O modelo de boas prácticas con patrimonio cultural inmaterial recoñecido pola UNESCO a
proposta de España e Portugal poderá verse presencialmente no auditorio do museo.
Unha delegación de profesores/as, alumnos/as, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazarase a Madrid, convidados polo Museo Nacional de Antropología para mostrar o modelo desenvolvido por Ponte…nas ondas! (PNO!) que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO no pasado mes de decembro en Rabat.
O acto terá lugar no Auditorio do museo o sábado 28 ás 12.00 hs. da mañán e para asistir presencialmente é necesario reservar a través do e-mail: reservas.mna@cultura.gob.es
O p r o g r a m a m o s t r a r á a o p ú b l i c o a f ó r m u l a d e P o n t e . . . n a s o n d a s ! :
educación+comunicación+patrimonio+tics e nel participará alumnado e profesorado actual xunto con ex-alumnos que pasaron pola experiencia de PNO! anteriormente.
Alumnas do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas serán as encargadas de conducir o
“radiovisual” como locutoras e entrevistadoras. Do CEIP A Ramallosa de Teo participará un grupo de música tradicional de 7 compoñentes (gaita, violín, bombo, tambor e cavaquiños) que
interpretarán temas do repertorio tradicional galego-portugués.
A artista y ilustradora Lara Lars participa coa realización dun cartel para o acto e será
entrevistada para que conte a su experiencia coa radio escolar no seu centro participante en PNO! e as súas actuais colaboracións en Radio Nacional de España.
O músico Pancho Álvarez, virtuoso das cordas, investigador e portador do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, levará ao museo a colección de instrumentos do seu proxecto “Cordas históricas” e interpretará en directo temas de la tradición musical galego-portuguesa.
Pancho Álvarez acompaña actualmente a formación de Carlos Núñez e é un gran coñecedor da música de tradición oral. Ten realizado un disco e un documental de Florencio, o cego de Os Vilares, que está a presentar por diversos lugares.
O realizador Roi Grandío será o encargado da gravación dunha peza audiovisual e tamén
contará o seu paso por Ponte…nas ondas! como alumno en secundaria. Tamén será entrevistado polas alumnas o director do museo, Fernando Sáez Lara, quen fará un percorrido pola traxectoria da institución, o primeiro museo antropolóxico creado en España en 1875 y cerca xa do seu 150 aniversario.
www.pontenasondas.org
Tf. 615 02 98 40
RECOÑECEMENTOS:

  1. EBLUL (European Bureau for Lesser-Used Languages)
    “experiencia modelo de boas practicas “
  2. XUNTA DE GALICIA
    “premio Galicia de comunicacion”
  3. AELG (Asociacio n de escritores/as en lingua galega)
    “premio bos e xenerosos“
  4. MEC (Ministerio de Educacio n y Cultura . Espana)
    “ buena practica iberoamericana “
  5. Asociacio n amigos del COUTO MIXTO
    “xuíces de honra doCouto Mixto“
  6. CADENA SER – Premio ONDAS
    “mellor cobertura informativa do patrimonio inmaterial galego-portugues”
  7. UNESCO
    “ONG consultora para o patrimonio cultural inmaterial “
  8. Fundacio n Lois Pena Novo
    “a traxectoria cultural”
  9. Fundacio n Meendinho
    “as buenas practicas co PCI”
  10. UNESCO
    “modelo de boas practicas co patrimonio cultural inmaterial” – Candidatura de Portugal e España (primeira inscricion para Portugal e
    para Galicia