Selección do persoal directivo, administrativo e docente, do proxecto Obradoiro “Agrupación Carbosam 2023”, promovido polos concellos de Boborás, O Carballiño, San Amaro e Maside

Por Resolución da Alcaldía, do 23 de outubro de 2023, aprobáronse as bases que rexerán o proceso de selección do persoal directivo, administrativo e docente de apoio, do proxecto Obradoiro dual de emprego “Agrupación Carbosam 2023”, promovido polos concellos de Boborás, O Carballiño, San Amaro e Maside
Clase de persoal: laboral temporal
Duración: 12 meses
Prazas convocadas: director/a, persoal administrativo e persoal docente e de apoio
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, exclusivamente na sede electrónica do Concello de Boborás
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica dos concellos de Boborás, O Carballiño, San Amaro e Maside.
Boborás, na data da sinatura electrónica. A alcaldesa.
Asdo.: Ana Patricia Torres Madureira.