Ribadavia vive unha Noite Meiga de terror e pasada por auga

O concello de Ribadavia celebrou esta fin de semana nova edición da Noite Meiga, un evento no que pequenos e maiores celebraron a noite máis terrorífica do ano. A intensa choiva obrigou a modificar a celebración, cambiando o desfile por actividades máis estáticas na Praza Maior.

O Desfile do Meigo e a actuación dos Tabaleiros da Istoria e das Pandereteiras da Istoria e da animación de Festicultores, así como as restantes actividades reuniron a un gran número de xente. Todos eles coas súas máis terroríficas vestimentas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O boca a boca fixo a esta festa unha das máis coñecidas, e dende moitos puntos de Galicia e incluso fora se achegan para desfrutala.

Para os máis pequenos é unha festa que lles encanta, os disfraces, o truco e trato e desfrutar dunha xornada diferente coas seus amigos.

Para o alcalde, é fundamental o tecido asociativo para poñer en marcha eventos coma este, que gozan dunha gran aceptación, aínda que chova.