A Copa Deputación de patinaxe artístico chega a sexta edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento celébrase o mércores festivo no Paco Chao carballiñés

A Copa Deputación de patinaxe artística consolídase no panorama deportivo da provincia de Ourense ao acadar nesta edición a súa sexta edición, a segunda consecutiva logo do parón provocado pola pandemia. A cita celebrarase o mércores 1 de novembro, festivo, no anexo do pavillón Paco Chao do Carballiño a partir das catro da tarde e contará ca participación dos dous clubs da provincia que practican esta modalidade dun xeito federado, os organizadores do Club Aehde O Carballiño e o CD Ourela, en total serán uns 70 participantes. A competición divídese en niveis do 0 ao 10, categoría rexional, nacional e amateur.

O evento contará con xuices da Federación Galega de Patinaxe, forma parte do programa de Copas Deputación e está subvencionado polo organismo provincial, que tamén colabora na Copa Deputación de roller cros que tamén organizará o Club Aehde en datas próximas.