A secretaría de migracións do Psdeg de Ourense informa que o bono coidado universal anunciado por rueda é incompatible coa prestación de dependencia alemá

A raíz desta situación dende o PSOE ourensán instan ao presidente da Xunta a que os servizos autonómicos “non poñan trabas, nin obstáculos, nin fagan presión aos retornados de Alemaña”

AVANTAR ACTIVIDADES

Luís Gulín fai fincapé en que algunhas das persoas beneficiadas teñen familiares recoñecidos como coidadores non profesionais, dados de alta ante a Seguridade Social alemá cunha cotización de 2030 euros”

Ourense, 28 de outubro de 2023. A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa aos retornados que o Bono Coidado Universal, anunciado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no debate do estado de autonomía, é incompatible coa prestación de dependencia que reciben os emigrantes retornados de Alemaña polo seu seguro de dependencia xermano.

A raíz desta situación dende a área de migracións do PSOE ourensán instan ao presidente da Xunta a que os servizos autonómicos “non poñan trabas, nin obstáculos, nin fagan presión aos retornados de Alemaña que, sendo perceptores da prestación económica da dependencia alemá, paralelamente solicitaron o recoñecemento da dependencia española”. O secretario provincial de migracións da executiva provincial socialista, Luís Gulín Iglesias, sinala que este último trámite “é puramente de natureza fiscal, dado que a Axencia Tributaria española só considera exento de declarar ou tributar esa prestación de dependencia alemá se ao mesmo tempo o emigrante ten unha cualificación de dependencia española”.

Moitas familias de retornados de Alemaña informaron á secretaría provincial de migracións que por parte dos técnicos da Xunta “advírteselles, mesmo ameazan,  que poden perder o recoñecemento provisional de dependencia española se non se solicitan ao mesmo tempo un servizo ou prestación correspondente, creando así unha situación de angustia e inseguridade nas familias afectadas”. Neste senso, Gulín Iglesias fai fincapé en que “algunhas das persoas beneficiadas teñen familiares recoñecidos como coidadores non profesionais, dados de alta ante a Seguridade Social alemá cunha base de cotización de 2030 euros ao mes”.

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense ínstase ao presidente a “documentarse desta situación especial, única en Europa, e por descoñecemento manifesto formar ao persoal técnico de servizos sociais da Xunta de Galicia e crear unha solicitude axilizada para este colectivo para ter o recoñecemento de dependencia a efectos fiscais”.