O primeiro de novembro é coñecido como Día de tódolos santos ou día de defuntos. Nesta data é tradición levar flores ós cemiterios, en homenaxe ós seres queridos que xa faleceron. Durante os últimos días, as florerías do Carballiño tiveron un intenso traballo para poder estar a disposición da clientela. Hoxe visitamos unha delas, Flor de Lis, onde tamén destacaron o incremento de ventas nestas datas.
As flores para esta data dependen moito dos gustos, aínda que os crisantemos son as máis tradicionais, e as que xa levan días reinando nos cemiterios, e moitas delas farano mañá.