Serán posibles as publicacións sobre o Carballiño dos anos 60, porque Santiago Cacho Rodríguez accede a darnos o consentimento para utilizar o seu blog:
O CARBALLIÑO, CALLEJERO AÑOS 60 (asruasdocarballino.blogspot.com)
Con este blog, Cacho tratou de lembrar e homenaxear aos comerciantes e profesionais que, coas súas respectivas actividades, contribuíron a manter viva a vila, na época da existencia da última rondalla da vila carballiñesa, e do grupo de música pop – rock “Los Poker”
Este grupo de mozos, moitos deles alumnos de Don Juan Corral, amenizaron os entroidos dos anos sesenta cos seus desfiles e actuacións durante tres anos.
A crónica da curta existencia de ambas formacións queda contida no blog:
https://pulpopokers.blogspot.com/2019/08/lospoker.html
Os documentos escritos que Cacho inclúe no seu blog “Carballiño. Callejero años 60” proceden da prensa da época (Faro de Vigo e La Región), da revista “Ambiente” e, sobre todo, das actas de xuntas municipais e plenos e dos programas de festas de San Cibrao.
A maioría dos antigos documentos gráficos empregados no citado blog proceden da publicación de Miguel Anxo Fernández: “Vellas Historias Vellas Fotografías 1870 – 1970” (1992). Tamén se utilizaron fotos do álbum de Xosé Manoel Rodríguez González (Pichi): “O Carballiño 1869-1979 Álbum Fotográfico da Vila do Arenteiro” (2010), de José Luis Diz: “Xentes do Carballiño 1890 – 1990” (2016) , de “Potiños”: “O Carballiño, Industria e Comercio – 1925-1995″ (2019), cuxa selección e recopilación fotográfica foi feita por José Luis Diz Rodríguez e Manuel Blanco Guerra ” Celta “, e algunha achega de Moncho Fuentes.
A parte das fotografías propias do redactor, importante foi a achega de fotografías dos familiares dos comerciantes e profesionais citados.
BADAL NOVAS
Da grazas por poder dispor do dito blog e publicalo no noso medio, traducindo ao galego as notas e comentarios que aparecen en castelán no blog orixinal, completando ca nosa propia información sobre os profesionais e comerciantes e engadindo as novas fotos que achegaron os seus familiares. Agradecemos as fotos de MONCHO FUENTES e, sobre todo, as aportadas polo profesor do IES Nº1 JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO e o grupo de alumnos do curso 1991-92 ( Jaime Pérez, Patricia Paniagua, Mª José Vázquez, Encarna Rodríguez e Susana Rey ) que cursando a asignatura de Deseño fixeron un traballo sobre o urbanismo do Carballiño.
A alameda é un lugar urbano, avenida ou praza, poboado de álamos ou de calquera outro tipo de árbores.
Non lembro álamos na Alameda; pero si algarrobos como os que aparecen na foto de primeiros do século XX. Recordo que, nos anos sesenta, desapareceron os que quedaban, formando unha fila ao longo das casas da entón chamada “Plaza del Maiz”, a zona que corresponde actualmente á “Praza do Emigrante”. ( Nota de Santiago cacho )
1 ULTRAMARINOS PEREIRA
Entrada particular
2 CAMISERÍA CELTA
Trastienda do comercio entrada por rúa José Antonio
3 CELTA ALMACEN
4 ANTIGUO DESPACHO AUTO INDUSTRIAL
5 TEJIDOS HERMANOS ÁLVAREZ
O comercio de tecidos era dos irmáns BERNARDO E OVIDIO ÁLVAREZ VALEIRAS. Ao morrer Bernardo, fixéronse cargo do negocio OVIDIO e a súa esposa MANUELA NÓVOA ARBOR:
6 MÉDICO TOMÁS QUIREZA
Don TOMÁS QUIREZA AMARO, Pediatra, instalou a súa consulta neste edifico en 1961.
7 MUEBLES BRAVO
Nun principio, a familia BRAVO figuraba como propietaria da ferretería e a mueblería.
Ao separarse, Secundino Bravo Pérez, secundado logo polo seu fillo Arturo, fixéronse cargo da mueblería. Posteriormente, tras a repartición da herdanza, ampliaron o negocio construíndo un almacén en Rapariz. .
7 BAR GERONA
Este establecemento, un dos bares típicos de entón, levábao JUAN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, casado con MARÍA BERNÁRDEZ REINOSO.
O matrimonio tiña dúas fillas, MARÍA DEL CARMEN esposa de José Benito Novoa Álvarez “Geilán” e ANA ISABEL, casada con José Luis dos Arcos “Pilís”.
Segundo infórmanme as súas netas, Juan púxolle ao bar o nome de “Gerona”, porque un antepasado seu, militar de carreira, tiña unha estatua nesa cidade catalá.
8 TEJIDOS GONZÁLEZ BLANCO “GURRA”
Traseira do comercio
9 CINE ALAMEDA
O seu promotor foi MARTÍN ROMÁN RODRÍGUEZ GODÁS,
O Teatro-Cine Alameda inició a súa andadura en 1948 ca proxección da película “Sultán”.
Nos anos sesenta, Román converteu o seu cine no centro cultural e social de Carballiño, xa que ademais da proxección de películas, a algunhas das cales asistiron os protagonistas, a sala acolleu a cantantes famosos, a compañías de teatro de recoñecido prestixio e púxoo ao servizo do pobo para todo tipo de manifestacións e actividades culturais e sociais.
As carteleiras das películas exhibíanas no propio local e na esquina da zapatería Munín e na da xoiería da familia que daba á Praza Maior.
O bar levábao Emilio García, coñecido por “o Canario” e a súa esposa, Celia.
A acomodadora era Julia e a taquillera Rogelita Míllara.
O cine cesa a súa actividade no verao de 1999.
Pouco despois procédese o seu derribo.
EN BADALNOVAS xa se publicou un documento con máis informacion sobre o Cine Alameda que publicamos tamén eiqui:
DOCUMENTO SOBRE O CINE ALAMEDA:
Agradecer a Fátima Rodríguez Alvarez-Granada ( filla de Román Rodríguez Godás promotor do Cine Alameda ) as fotos que fixo chegar a Badal Novas
O seu promotor foi MARTÍN ROMÁN RODRÍGUEZ GODÁS,
O carballiñés Miguel Anxo Fernández ( escritor e critico de cine ) publicou nos primeiros anos da década dos 90 o libro ” Crónica de Cine. O carballiño 1900-1994 ” onde recolle con precisión a historia do cine no Carballiño
Vamos a reproducir integramente o capitulo adicado ao Cine Alameda ca incorporación de fotos cedidas por Santiago Cacho e Fátima Rodríguez Alvarez-Granada ( entre outros )
HOSTORIA CINE ALAMEDA
O domingo 16 de maio de 1948 abríse ó público o Teatro Cine Alameda, na praza do mesmo nome, coa proxección da película Sudán protagonizado por Sabú e realizado por John Rawlins. As multinacionais Warner, Fox e Columbia, pasarían a ser moi pronto distribuidoras exclusivas xunto con españolas Radio, CEA, Noroeste ou Rey Soria entre otras. O seu promotor foi Martín Román Rodríguez Godás, que comezará as obras – un edificio de 3 plantas habilitado tamén para vivenda propia- uns anos antes, condicionado polas naturais estreiteces da posguerra, sobre todo pola escasez de cemento e doutros materiais, e aínda remataría a fachada a finais dos anos 50.
De planta rectangular, e cunha ampla antesala na que estivo durante moitos anos o bar de O Canario, que era ó mesmo tempo <<ambigú>> do cine, tiña un aforo de 400 butacas en patio, tapizadas de pano granate, e con capacidade para 140 espectadores máis nas bancadas do anfiteatro – popularmente <<galiñeiro>> – de madeira corrida e sen respaldo.
O interior caracterízase por unha decoración entre neoclásica e barroca, con abundancia de molduras de escaiola, que teñen a súa máxima expresión unha vistosa cúpula central e dúas fornelas laterais a ámbolos lados da pantalla, con figuras que representan á deusa Hebe -a divindade grega da mocidade – e a un fauno tocando a frauta. No centro do lado superior do marco de proxección, a ton co resto do ornamento, represéntase o escudo do Carballiño.
Para o modelado tróuxose a un artesán de Valladolid, que botou varias semanas co labor, entre a curiosidade de moitos veciños que se achegaban ata alí para miralo traballar. Unha reprodución da cúpula, pero a menor escala, domina o teito do anfiteatro, que ademais ten unha fermosa balconada, na mesma liña equilibrada que domina no conxunto.
A cabina, situada no cumio do local, comezou equipada cun único proxector Wextrex, ó que se engadiría algúns anos despois outro máis, modelo OSSA, ambos alimentados a carbóns, que permitirían xa o visionado completo do filme, sen necesidade de parar para os cambios de bobina.
O local estaba calefactado por convencionais radiadores de auga, substituídos nos anos oitenta por unha bomba de calor. No sótano (debaixo da antesala) mantiveron un salón de xogos durante os primeiros anos.
Abría regularmente 5 días á semana, nunha cadencia que cambiaba segundo as circunstancias e os movementos das restantes salas da localidade. A media de títulos exhibidos mensualmente era de 15 a 20 por mes, cun ritmo que se mantería practicamente ata maio de 1980, no que o local pasaría á empresa Fylcine, que traería novos xeitos de programación.
ARRASAN AS PELICULAS RELIXIOSAS
A década dos cincuenta aínda mantiña uns niveis de asistencia moi considerables, e no Alameda reflectiuse con aforos completos nos que houbo que poñer o letreiro de “Non hai billetes”, sobre todo nas de tema bíblico e relixioso, algunhas delas reforzadas polo atractivo do cinemascope. O reconto de éxitos nos primeiros dez anos de funcionamento do Alameda avalan ese dato.
Ano | Data | Mes | Titulo/s | Recadación* |
1948 | 16/17 | marzo | Sudán | 8439 pts |
1949 | 29/31 | xaneiro | Genoveva de Brabante | 13669 pts |
1950 | 17/18 | setembro | Belinda | 8000 pts |
1951 | 16/17 | setembro | Flecha Rota | 9338 pts |
1952 | 15/21 | agosto | Lo que el viento se llevó | 22927 pts |
1953 | 14/17 | xuño | El mensaje de Fátima | 10202 pts |
1954 | 29/31 | maio | El mayor espectáculo del mundo | 11013 pts |
1955 | 18/21 | febreiro | La túnica sagrada | 10174 pts |
1955 | 24/27 | febreiro | Demetrius y los gladiadores | 9498 pts |
1955 | 29/31 | outubro | Marcelino, pan y vino | 11872 pts |
1956 | 29/30 | xaneiro | Johnny Guitar | 9105 pts |
1957 | 19/21 | xaneiro | Sissi | 14594 pts |
1957 | 23/25 | febreiro | Los jóvenes años de una reina | 13000 pts |
(*) A xeito de media indícase que en 1951 o prezo da butaca era de 3 e 4 pesetas , e de 1,5 pesetas para o “galiñeiro”. A variación experimentada en toda a década dos cincuenta ia ser relativamente escasa.
O propio Román Rodríguez Godás lembra algún daqueles éxitos e as anécdotas que xeneraban.
Recuerdo que en Genoveva de Brabante (Zeglio, Italia, 1947 ) se podía escuchar entre el público los comentarios de los paisanos: “ Eso non foi o que dixo a rapaza e falta cando Genoveva dixo esto ou aqueloutro “. El público se había leído la novela, incluso varias veces y venía al cine para verlo exactamente en imágenes, pero claro, la película lo interpretaba libremente y eso la gente no lo entendía.
Pero ás veces había problemas engadidos que había que solucionar como fora e ca maior urxencia:
Para la proyección de El mayor espectáculo del mundo ( De Mille, EUA, 1952 ) la distribuidora nos exigía que se contase con dos máquinas, pero yo no las tenía. Entonces encontré una en allariz que estaba sin montar. La alquilé por 2000 pesetas, la traje desde allí, la instalé, se proyectó la cinta y ,al terminar, otra vez para Allariz. Creo que pocas veces se hacían esfuerzos semejantes para exhibir películas.
A promoción, estimulada pola súa rivalidade co Pabellón Neira, tamén tiña as súas orixinalidades para chamar a atención do público, algunhas delas feitas por Manuel Rodríguez Godás, unha institución na vila pola súa intensa actividade teatral e musical naqueles anos:
Cuando pasamos Juana de arco (Víctor Fleming, EUA, 1948 ) – proyectada el 1 y el 2 de abril de 1949 – mi hermano realizó una gigantesca reproducción de la figura de Ingrid Bergman en la película, pintada en tela sobre armazón de madera de unos 15 m de altura que instalamos en la fachada provocando la natural sorpresa.
Decoración para Juana de Arco Cine Alameda 1950 Decoración para Juana de Arco ( Gardouse na sala por mor da choiva )
En otra ocasión -24 de junio de 1948 – que repusimos Vinieron las lluvias ( Bron, EUA, 1939 ), a la distribuidora se le habían agotado los afiches, así que se le ocurrió a pintar un cartelón con una foto de un sacerdote paseando por Santiago con un paraguas abierto para protegerse del agua. Desconocíamos que estaba ambientada en la India….
O TEMPO, A << MISION >> E O MINISTRO, ESTORBAN:
En todo caso a xestión dun cine non era unha tarefa doada, e requiría coidar tódolos detalles para prever calquera contratempo.
Martín Román recoñece qué: “Incluso había que elegir los días de proyección, porque nos dimos cuenta que si la del sábado no le había gustado a tres o cuatro personas, ya bastaba para que acudiera menos gente al día siguiente, así que decidimos ponerlas sólo en domingo para evitar una posible publicidad negativa.”
Efectivamente, existía unha gran sensibilidade pola resposta do público e por analizalos motivos ou incidencias que puideran afectar á boa marcha dun filme. Os libros de programación do Alameda recollen notas a pé de páxina, as inquietudes dos seus responsables polos días de frío, de choiva ou de moita calor, tamén polas festas dos pobos dos arredores / Dacón, Longoseiros, Veiga… ) ou polos actos especiais na vila que restaban espectadores ( partidos de fútbol, circo, volta ciclista procesións…) Estes son algúns comentarios:
- Día de la Purísima, poner una no muy buena, la novena quita mucho ( 8-12-48).
- Se estropeó (proxectaban Ana y el Rey de Siam. Cromwell. EUA, 1946) por el partido de solteros y casados (4-5-49).
- (Verano con forasteros). Va bien el reprís (reestreno) por los forasteros, pero entre varios reprís meter dos o tres estrenos a ver si sube la recaudación ya que el pueblo responde poco a los reprís y se defienden sólo con forasteros. A pesar de todo van bien (agosto/ setembro, 1950).
- ¡Ojo a la víspera de Reyes! (proxectan Belinda, EUA 1948). La gente está en los comercios comprando para los Reyes ( 5-1-52)
- No estaba en buen estado, pero era buena ( Monsieur Vicent. M. Cloche. Francia, 1947). No entró la masa de películas religiosas (11-5-52).
- Por causa de la misión (acto relixioso) bajo la recaudación en 6000 pesetas (14/22-8-53).
- La competencia tuvo Historia de los Miniver ( Potter, EUA, 1950) y casi llenó a las 8 (24-9-53).
- El día que vino Vallellano -ministro de Franco- ( para xustificar o fracaso de Decisión a medianoche, Nunnally Johnson, EUA, 1954 ) (5-9-56)
A QUEN POÑIA MELLORES PELICULAS
A marcaxe entre Alameda e Neira era mutua, e grazas a este particular interese dos primeiros por saber a marcha da competencia podemos extraer unha mostra significativa de como funcionaba a exhibición por aqueles anos, cando ambos estaban sós na praza.
O feito acada máis valor aínda pola falla case total de datos referidos ó funcionamento concreto do cine Neira. Deste xeito sabemos que en xuño de 1951 o Alameda proxectou 19 días cun total de 15 películas, polos 11 días e 10 fiñes do outro. Concrétase perfectamente cun cadro comparativo das sesións dominicais nese mes:
Xuño 1951
Día | Cine Alameda | Pabellón Neira |
3 | Pacto Tenebroso. (EUA, 1947) (2456 pts.)* | Jack, el negro (España-EUA. 1950) (fracaso)* |
10 | ¡ Si ella lo supiera! (EUA.1949) (1897 pts. ) | Soy charro de Rancho Grande (fracaso) |
17 | Puente de Mando (EUA.1949) (3149 pts. ) | Ninotchka (EUA. 1939) (fracaso) |
24 | Despacio forastero (EUA.1950) (2200 pts. ) | Capitanes intrépidos (EUA. 1937 ( bien ) |
30 | Soy un prófugo (México.1946) (444 pts. ) | Romeo y Julieta (EUA. 1936) (bien) |
- *Anotacións orixinais. Lémbrese que o prezo do billete no Alameda era de ¾ pts . en butaca, dependiendo si era en diarios ou en festivos, e 1,5 en anfiteatro. No Neira serían seguramente os mesmos. ( Considerábase un fracaso por baixo dos 500 espectadores )
O Alameda afrontou tamén un tímido plan de expansión que afectou ó cine Principal do veciño pobo de Leiro, fundado en 1940.
Martín Román asociouse con outro carballiñés, Antonio Cerviño, ata 1954. Ambolos mantiñan a explotación do local. O propio Cerviño apunta o carácter dos programas que exhibían:
Empezamos pola serie das películas do Oeste, despois pasamos algunhas da Metro con artistas como Cary Grant ou Jean Fontaine. Botamos títulos como Robin de los Bosques ( Curtiz. EUA.1938 ), varias mexicanas con Jorge Negrete, Nuestra Señora de la Fátima (Rafael Gil. España 1951), Edison, el hombre ( Brown. EUA. 1940 ) ou El joven Edison ( Taurog. EUA. 1940 )
Aquela aventura <non foi negocio> e o socio de Román en Leiro lembra que:
Ia pouca xente ó cine (…) Non había o que se dí un público constante e iso que a entrada era ben barata porque valía 3 pesetas (…) A xente pensaba que eu estaba ganado moito diñeiro co cine pero resultaba que estaba perdendo cartos
Pero non eran de extrañar que as cousas non foran ben, sobre todo atendendo a anécdota que relata o antiguo exhibidor e que demostra como ás veces os problemas viñan de onde menos se pensaba:
Hai unha anécdota que me pasou cun xesuita que mandaron a Leiro. Aquel fulano cambiaba continuamente o horario do rosario para que coincidise coas sesións de cine e quitarme xente…
Rematada a experiencia, tentaríase algúns anos despois unha iniciativa semellante co cine Rivas ós poucos días da súa apertura, pero durou moi pouco, provocando pola contra o endurecemento das súas futuras relacións.
TEATREIROS, COPLEROS E A VISITA DE ANA MARISCAL
Fixo tamén as veces de gran aforo cultural ata ben entrados os anos 70. A súa pantalla móvil, e unha axeitada dotación de camerinos no lateral e nos baixos do escenario, permitían desenlorar esas actividades con comodidade. Algúns dos teatreiros foron a compañía Lope de Vega, con José Bodalo e Manuel Dicenta, e as dos actores Gracita Morales e Antonio Casal. Destacou tamén a presenza, mediante a xestión da peña local Os Voinas, da prestixiosa compañía de vangarda Los Goliardos, que representou varios entremeses de Lope de Rueda a finais de agosto de 1969, lamentablemente con escaso eco popular. Entre os cantantes estiveron Antonio Machín, Estrellita Castro, Antonio Molina, Luís Lucena ou El Niño de Baena. Molina pecharía o ciclo coa súa visita do 29 de novembro de 1975, e daría paso poucos meses despois, en plena febre do <<destape>> ( reflectida tamén nunha saturación de subproductos eróticos nas súas carteleiras), a funcións de revista con dubidoso gusto e calidade artística, pero que aínda tiveron bastante aceptación popular. Incluían nos repertorios algún espido feminino parcial ou total. Entre 1976 e 1978, pasaron pola Alameda as compañías: Rico destape, Camilo destapo, Caramelos y bombones, Compañía Baena, Finita Ortega e Lilian de Celis.
Paradoxicamente estas actuacións deixaban ó empresario beneficios bastante máis elevados que os dunha película, e anunciaban xa a progresiva crise descendente de espectadores dos anos setenta. Sirva como exemplo que Antonio Machín fixo, no domingo 21 de maio de 1967, unha importante recaudación bruta de 41110 pesetas, das que 13600 serían para o exhibidor. A entrada custaba 15 pesetas.
Un mes despois, tamén en domingo, o gran éxito de Paco Martínez Soria, La ciudad no es para mi ( Pedro Lazaga. España 1965 ), respondeu ás expectativas coa cantidade de 10116 pesetas, das que habería que descontar tódolos gastos, incluídos os do seu propio aluguer, pero en todo caso a ganancia foi inferior á xenerada polo mítico coplero.
O Alameda foi o primeiro cine do pobo en traer a un autor acompañando á súa obra. Non era práctica común que un director ou unha estrela incluíse as vilas entre os puntos promocionais dos seus filmes, xa que primaban sobre elas as grandes capitais pola súa maior capacidade de convocatoria. Sen embargo, o mércores 19 de agosto de 1953, o Alameda era testemuña privilexiada da presencia da actriz e realizadora Ana Mariscal, que nos visitaba para presenta-lo o seu primeiro traballo detrás e diante da cámara ó mesmo tempo. Tratábase de Segundo López, aventurero urbano (1952), unha comedia mal recibida pola crítica, na que se recreaba as desventuras dun paisano inxenuo e o alfabeto recén chegado á cidade. O cartel completábano Tony Leblanc e Luisita Esteso. Martín Román, o propietario da sala fixo de perfecto anfitrión para esta ocasión.
CONFERENCIAS, HOMENAXES E ACTOS VARIOS
Tamén foi lugar para ciclos de conferencias pronunciadas por por Ramón Otero Pedrayo ou Xaquín Lourenzo, entre moitos outros. Utilizouse como marco para homenaxes a nomes ilustres da vida relixiosa, cultural e política local, como os dispensados ó crego Evaristo Vaamonde o 26 de outubro de 1952; e o mestre Bernardino González Álvarez, director do grupo escolar Calvo Sotelo o 12 de outubro de 1964. Igualmente houbo a celebración do Día dos Caídos o 29 de outubro de 1955 cun acto de afirmación falanxista que incluíu unha sesión de cine gratuíta para nenos coa proxección de Marcelino Pan y Vino ( Vajda. España. 1954).
Acolleu ademais numerosos festivais benéficos, como a proxección de Almas en lucha ( Blistene.Francia.1948) en 1952 a beneficio da Conferencia de San Vicente Paul << con el fin de allegar recursos con que poder socorrer más y más a los pobres y necesitados >> como se recollía nun solto do voceiro católico local Ambiente que engadía a súa calificación da censura: << 1=Blanca>>, ou o recital da charanga Los Liborianos en febreiro de 1955, para acadar cartos destinados ó Asilo de Ancianos.
Esta última actuación provocou certa polémica na vila que o propio Román pretendeu zanxar nas páxinas do mesmo semanario mediante unha << Nota da empresa >> en nome do Cine Alameda << ante ciertos rumores que vienen circulando sobre la participación económica en un espectáculo celebrado recientemente >>. Defendíase o exhibidor asegurando que tal cousa estaba previamente pactada e que das 600 personas que supostamente asistiron – <<no más>>-, moitas << no podrán decir se les ha cobrado>>.
Remataba a súa defensa apuntando que << al hacerles la liquidación, y dado el fin a que iba destinado, les hice ao facerlles a liquidación e dado o cinema aqun donativo de 360 pesetas de la parte que a mi me correspondía.>>
Remata Román advertindo que << que de los falsos testimonios hay que dar cuenta a Dios.>> O incidente permite comprobar o interese que había no Alameda por manter unha boa imaxe diante da opinión pública. Tamén é salientable o apoio decidido e total á constitución do Cine-clube Carballiño, que en maio de 1969 comezou alí a súa andaina coa proxección de Fahrenheit 451 ( Truffaut. Francia.1966 )
O ROLLO PERDIDO
Tampouco se librou das anécdotas e incidencias que protagoniza todo cine que se prece de selo. Un dos seus operadores, Arturo Fuentes, que entrou de rapaz nas cabinas, botando case vinte anos entre a o Alameda, o Reque e o Rivas, lembra o ton de romanticismo que aínda tiña o seu traballo cunha anécdota que lle aconteceu a comezos dos anos setenta:
Era día de feira e botábamos dúas en programa dobre e sesión continua. Unha delas era El último tren de Gun Hill ( Sturges. EUA. 1959 ). Estaba na proxección e de repente atopeime con que faltaba o último rollo, que me quedara no cine Reque ( botárase alí a víspera ). Deixei a pantalla en branco e baixei alá correndo coma unha centella ( estaba a trescentos metros ), tróuxeno, rebobineino, cargueino e a película seguiu. A xente case nin se decatou…
CAMBIO DE DIRECCIÓN E OUTROS AIRES
Xerenciado por D Manuel Martínez Doval ( Mestre no Grupo Calvo Sotelo ) ata maio de 1980, con colaboración do seu fillo Angel Martínez desde mediados dos anos 60 en labores de programación, a partir desa data o Alameda arrendouse a Fylcine, con sé social en Rivadavia, que faría no local algunhas melloras en interiores e fachada, as máis salientables na cabina, cun proxector OSSA VI con lanterna para lámpada de Xenón e torre para longametraxe, que permitía a proxección sen necesidade de aparello auxiliar. Tamén desmantelaron as primitivas butacas (aínda que seguían sendo moi cómodas) para substituílas por outras máis novas de cor amarela.
A nova etapa da Alameda comezaría sendo interesante pola relativa novidade dos filmes programados, pero remataría por dexenerar con títulos de ínfima calidade, provocando o progresivo abandono das instalacións e a indiferencia do público. Dos 17 ofrecidos na súa despedida, catro levaban a calificación S (Indicativo do seu contido seudoerótico ) e outros catro encadrábanse no grupo dos subproductos de aventuras con Chuck Norris, Michael Dudikoff e Dolph Ludgren. No medio de tan pobre panorama destacaba con luz propia, pero nun marco moi desfavorable, El último operador e La chaqueta metálica, que pasaron pola carteleira ante a indiferencia dos carballineses. Pechou coa programación seguinte:
Marzo 1988 | |
Sábado,5 | La reina del vicio y el amor* |
Domingo,6 | El corazón del ángel |
Sábado,12 | La noche de los sexos abiertos* |
Domingo,13 | Las brujas de Eastwick |
Mércores,16 | Invasión USA |
Sábado,19 | La casa de las mujeres ardientes* |
Domingo,20 | Espérame en el cielo |
Sábado,26 | El guerrero americano |
Domingo,27 | Armados y peligrosos |
Luns,28 | Armados y peligrosos |
Abril 1988 | |
Venres,1 | La chaqueta metalica |
Sábado,2 | Campo del honor |
Domingo,3 | El último emperador |
Luns,4 | El último emperador |
Sábado,9 | Sexualidad en las aulas* |
Domingo,10 | Ishtar |
Luns,11 | Ishtar |
Sábado,23 | Las minas del Rey Salomón |
Domingo,24 | Masters del universo |
Sábado,30 | El gran enredo |
Domingo,31 | El gran enredo |
* Comedietas eróticas
UNHA NOVA EMPRESA:
En xullo de 1988 a xestión pasou a Carballiño Cine S.L. que reabriría cunha nova importante: o repintado da sala segundo o proxecto orixinal, que non se fixo antes por falla de interese e de cartos para elo. A reapertura coincidiu con melloras na cabina, aumentando a potencia de luz de 1600 a 2500 watios, e dotándoa de son estéreo Wassman.
Actualmente contribúe xunto co Cinema Paradiso á normalización cinematográfica da vila, facendo que as estreas máis novidosas cheguen nun tempo mínimo de seis semanas sobre a súa presentación en España. Sen embargo, o Alameda, o máis fermoso de Ourense, que comparte co Losada da capital o privilexio de ser os máis antigos da provincia, non poderá coa piqueta da demolición. Será en pouco tempo.
Ata aqui o relato de Miguel Anxo. A súa última frase “non poderá coa piqueta da demolición. Será en pouco tempo.” foi premonitoria xa que como se pode ver no recorte da Voz de Galicia do 8 de xuño de 1999 anunciaba que o Cine Alameda pecharía as súas portas o domingo día 13 de xuño de 1999.
Sin embargo chegada esa data prolongouse unha semana máis a actividade ata o 20 de xuño:
A última pelicula que se proxectou no Cine Alameda foi: ” La vida es Bella “
IMAXES E VIDEO CO DERRUBO DO EDIFICIO
HEMEROTECA:
Reproducimos algunha nova sobre o Cine Alameda publicada en prensa nos primeiros anos da súa andadura. Son novas sobre as outras actividades do Alameda:
1948-5-21- O xornal La Region informaba sobre a inauguración do Cine.
1949-6-7-El pueblo Gallego- Festival artistico para recaudar fondos para a contrucción do Templo da Veracruz
1950-1-19-La Region- Funcion tatral benéfica para recaudar fondos para o Templo da Veracruz
Entre as actrices figuran: Maruja Adán, Isabel Barreiro, Conchita Barreiro, Purita Silvares, Conchita Ledo, Finita Adán, Lolita Enriquez e Pilarita Banga.
Os actores: Manuel Rodríguez, Julio Millara, Luis Padrón, Antonio Pedrouzo, José Luis Fernández, Juan José Veleiro e Javier Perea
1950-4-19-La Region- actos no Alameda: “Fiesta del Libro” e “Pago del subsidio de la vejez”
1952-12-31-El Pueblo Gallego-Conferencia de D Ramón Otero Pedrayo
Organizada polo Sporting Club celebrase con gran éxito no Alameda a conferencia de D Ramón
1953-8-25-La Noche. A actriz Ana Mariscal no Alameda
1953-9-15-El pueblo Gallego
Nun acto solemne no Alameda faise o Nomeamento Fillo Predilecto a don Luciano Evaristo Vaamonde cura párroco do Carballiño. Asi mesmo daselle o seu nome a rúa onde esta situado o Templo da Veracruz.
1953-9-25-La Noche
No Bar do cine Alameda celebrase unha merenda de despedida ao fotógrafo de Vigo D José Valín. O ágape estuvo a cargo de Paquito Rodríguez Vila ( Paco da Celia )
1954-1-14-La Region
Organizada pola Sociedad Cultural y Deportiva “Carballino Sporting” celébrase no Alameda unha conferencia por D José María Castroviejo
1954-2-5-El Correo Gallego – Conferencia de D José Rius
1955-10-19-La Noche- Actuacción do afamado cantante Antonio Machin
1955-10-29-La Region- acto de falange
1956-2-24-El Pueblo Gallego- Prsentación da rondalla Los Mosqueteros
1963-7-14-El Pueblo Gallego- entrega do certificado de estudos primarios
1975-11-5-El Pueblo Gallego
Posiblemente unha das primeiras actividades do Cine-Club
1975-11-29-El Pueblo Gallego- Programación de Nadal do Cine Club
GALERIA DE IMAXES
As carteleiras das películas exhibíanas no propio local e na esquina da zapatería Munín e na da xoiería da familia que daba á Praza Maior.
O bar levábao Emilio García, coñecido por “o Canario” e a súa esposa, Celia.
A acomodadora era Julia e a taquillera Rogelita Míllara.
O cine cesa a súa actividade no verao de 1999.
Pouco despois procédese o seu derribo.
10 ALMACENES GALICIA
Trastienda dos almacéns
11 RADIO CERVIÑO
O edificio que ocupaba os números 11 e 13 era propiedade do procurador Bernardo Castro Pérez.
O comercio e o taller atendíaos ANTONIO CERVIÑO |
11 FOTOGRAFÍA ORJALES
O fotógrafo FRANCISCO ORJALES VEGA e a súa esposa MERCEDES FARTO VEGA tiveron unha filla CUQUI ORJALES (que se convertería nunha famosa hostaleira en Marín)
O estudio de Orjales ocupaba unha parte do portal e o oco baixo escaleira.
12 BAZAR X
Trastienda do establecemento
13 PROCURADOR BERNARDO CASTRO
Don BERNARDO CASTRO PÉREZ, procurador, coñecido no pobo por “Baíto”, tiña o seu despacho neste número da casa da súa propiedade, que comprendía os números 11 e 13.
Baíto tivo dous fillos, Francisco e Bernardo. O maior, Francisco Castro Meije, chegaría a ser o futuro presidente da Sala Terceira da Audiencia Nacional. Tuvo o seu protagonismo cando se xuzgou os implicados no ” Caso Nécora”
OFICINA DE CORREOS
Antes de instalarse neste edificio, a oficina de correos situábase ao final de rúa Conde Vallellano.
O representante máis conspicuo da institución era, sen dúbida, o temperamental carteiro e correspondente de prensa JOSÉ MARÍA CALVIÑO MARIÑO.
14 CAFÉ CABANELAS – BANESTO
Traseira dos establecementos
15 AUTOESCUELA ESCLAVO
O edificio era propiedade de Gumersindo Gómez Rodríguez.
O xestor desta autoescola era Edelmiro González Bernárdez, coñecido no pobo, como toda a familia, polo alcume de “O Esclavo”, ao ser fillo dos donos do Hotel Esclavo. As oficinas atopábanse no primeiro piso.
16 FARMACIA FONTAIÑAS
Trastienda da botica
21 TALLER LÓPEZ
Este taller, un dos máis antigos do pobo, foi propiedade de José Barreiro, o pai das tres telefonistas, Isabel, Conchita, María Vitoria e de Canducha, a esposa de Carlos Munín.
O taller pertenecía ahora a JOSÉ LÓPEZ TORRE e a ANTONIO LÓPEZ CORRAL.
A propiedade véndese en 1962
Trasladan o taller a avenida da Estación.
CAJA DE AHORROS
Nos solares que quedan libres, a ” Caja de Ahorros de Orense” construe o edificio, en cuxo baixo instala a súa sucursal.
A sucursal da Caixa de Aforros Provincial de Ourense en Carballiño atopábase anteriormente na rúa General Mola,25. A entidade estaba dirixida por don CAMILO NOVOA.
QUIOSCO DE PRENSA PRADO
Faro de Vigo solicita instalar un punto de venta de prensa na Alameda.
É QUERUBÍN PRADO o que se encarga do proxecto e do quiosco.
PARADA DE TAXIS
Ata 1961, había só unha parada de taxis, situada na Alameda. Por iniciativa de Héctor González Godás creouse unha nova parada na Praza Maior.
Segundo despréndese das actas municipais que a este servizo refírense, os taxistas que, durante o período correspondente a esta crónica, exerceron esta profesión ocupando as 17 prazas dispoñibles en Carballiño, foron:
AGRADECEMENTOS
En memoria dos membros da rondalla e do grupo de música “Los Poker” que faleceron e en nome dos vivos, a maioría con domicilio fóra das Terras do Orcellón, Cacho agradece a BADAL NOVAS a súa iniciativa para dar a coñecer a curta aventura daqueles mozos que viviron no Carballiño nos anos sesenta e lembrar aos seus coetáneos.
BADAL NOVAS únese tamén ao agradecemento de Cacho por aqueles que coas súas publicacións de álbumes fotográficos facilitaron a redacción do seu blog e do que nos ocupa:
Miguel Anxo Pichi Diz Potiños
Pola nosa banda, BADAL NOVAS agradece as fotos e informacións achegadas polos familiares dos concidadáns citados no blog, os documentos gráficos facilitados por MONCHO FUENTES
e, sobre todo, os achegados polo traballo escolar sobre Carballiño, dirixido polo profesor JUAN VALCÁRCEL OBELLEIRO.
Grupo de Diseño ( 3º BUP Medición e Urbanismo ) do IES Nº1 . Profesor Juan Valcarcel
Se alguien quere colaborar con fotos ou documentos para enriquecer esta publicación, asi como correxir posibles erros pode facelo a través do mail info@badalnovas.com
Manuel Amil Otero. Decembro de 2022