Jacobo Senín pecha a tempada autonómica con victoria na subida a Taboada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o absoluto dominador da décima edición da Subida a Taboada, que retornou ao Campionato Galego de Montaña logo de 17 tempadas de ausencia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O piloto da Escudería Estradense completou o seu pleno de participacións con victoria en probas autonómicas esta tempada na rampa lucense, que tivo como compañeira de viaxe durante a fin de semana ao vento e a choiva  e que non puido celebrar a última manga do domingo por un vertido de aceite dun dos participantes, algo que comprometía a seguridade de todos os inscritos.

Senín marcou un tempo final de 3:22.184, por diante de Pablo Rey e de Jesús López, nunha fermosa loita durante toda afin de semana. Rey, que estreará a súa nova montura a próxima tempada, despediu cun podio o seu victorioso monopraza, mentres que o tamén ourensán Jesus López mostrou a velocidade do Forwin RS23.

A cuarta posición da xeral e primeiro entre os participantes da categoría de carcross foi Alfonso “Pisko” Ventín, nesta ocasión nun Yacarcross que non era o habitual desta tempada.

Entre os carrozados, primeiro posto da clasificación xeral final para Eduardo Domínguez (Peugeot 206 RC), cun tempo de 3:54.629 segundos. Acompañárono no podio da proba Joao Vasques e Alesis Souto.

En regularidade, triunfo para Darío Amorín e Miguel Olveda cunha puntuación final de 30,901 puntos, seguidos de Alejandro Crespo e Gloria Alonso e Zaida Camino e Marcos Mouriño.