Luis Menor compromete o apoio da Deputación á gala benéfica que a Fundación Diego González Rivas celebrará en Ourense

O presidente provincial recibiu á directora da fundación, Carla Salgado Fernández; así como aos seus colaboradores, Carlos Martínez Rodríguez e Amadeo Salgado Gómez, para coñecer o labor e accións desta entidade, centrado en salvar vidas a través de operacións cirúrxicas en África e próximamente en Latinoamérica 

AVANTAR ACTIVIDADES

A Fundación Diego González Rivas celebrará en febreiro unha gala benéfica, “que contará coa participación activa da Deputación, e continuaremos a estudar outras vías de colaboración que atenderemos na medida das nosas posibilidades, pero con total firmeza e determinación”, sinalou Luis Menor 

Ourense, 4 de novembro de 2023.- O presidente provincial recibiu á directora da Fundación Diego González Rivas, Carla Salgado Fernández; así como aos seus colaboradores, Carlos Martínez Rodríguez e Amadeo Salgado Gómez, para coñecer o labor e accións desta entidade benéfica, centrada en salvar vidas de persoas vulnerables mediante unha unidade móbil, cunha liña en África e outra que se implantará próximamente en Latinoamérica. 

Luis Menor valorou como “un pracer coñecer aos representantes da Fundación Diego González Rivas, unha eminencia mundial que desenvolveu a solidariedade noutro nivel, unida ao nome de Galicia e España. O seu obxectivo é loable, porque falamos de salvar vidas de persoas que non terían outra posibilidade”. Por todo elo, o presidente da Deputación amosouse disposto a establecer unha colaboración “na medida das nosas posibilidades, pero con absoluta firmeza e determinación”. De feito, a Deputación manterá un papel activo na gala genéfica que a Fundación Diego González Rivas celebrará o 23 de febreiro de 2024 en Ourense.  

A directora da Fundación Diego González Rivas, Carla Salgado, expresou o seu desexo de que a sociedade ourensá colabore na gala benéfica do mes de febreiro, “o que nos axudará a manter a unidade móbil cirúrxica en África nos vindeiros anos”.  

O doutor González Rivas converteuse no primeiro cirurxián do mundo en realizar reseccións anatómicas uniportais por VATS (primeiro caso en xuño de 2010). Esta técnica cirúrxica (Uniportal VATS) é pioneira no mundo, xa que permite extirpar a través dunha única incisión os tumores máis complexos. O doutor González Rivas, con máis de 15 anos de experiencia, lidera diferentes proxectos de I+D+i que teñen en conta as tendencias e investigacións máis actuáis.