Nota de prensa ANPA DO CONSERVATORIO DO CARBALLIÑO
Remitimos o seguinte comunicado dirixido á comunidade educativa do
conservatorio e a toda a veciñanza do Carballiño:
A directora do CMUS anunciou na asemblea do consello escolar celebrada o
pasado martes 7 de novembro que o director da banda retirou material e
instrumentos do centro. Segundo informou a directora, as cadeiras, bombos, lira
e máis instrumentos pertencen á banda, polo que trasladaron o devandito
material á súa nova sede, que é a escola infantil situada xunto ao auditorio.
A banda sepárase definitivamente do CMUS. O material e os instrumentos da
banda foron sempre compartidos co alumnado do CMUS. O seu local de ensaio
foi sempre a sala de orquesta do conservatorio, cun trasteiro no centro. Agora o
CMUS terá que facer un investimento priorizando a compra de cadeiras.
Parece que o problema de convivencia que se arrastra dende hai tempo se
consuma coa separación definitiva da Banda do CMUS.
Como é sabido por todos, o CMUS tivo nas últimas dúas décadas un forte perfil
bandístico cun numeroso alumnado de vento madeira, vento metal, así como
estudantes de percusión. O concello apoiaba loxística e económicamente o
modelo bandístico do CMUS dende 1998 (data de fundación da banda-escola),
incluso remunerando o soldo do director. A Banda, escola de música e
conservatorio compartiron proxectos, recursos e actividades. O conservatorio e
a escola de música formaron alumnos que completaron a súa formación “en
grupo” na Banda.
Hoxe case non hai estudantes de vento no grao profesional do conservatorio e
nada queda dese modelo bandístico.