Por Felipe-Senén
Xa temos falado da importancia dos traballos de Carlos A. Montés Marqués arredor das orixes da feira do Carballiño e dos construtores da vila. Pois velaí o derradeiro título do seu libro “Alarifes do Carballiño (2023). Sagas de xente moi variada e de distintas procedencias – e, como curiosidade, o historiador nota a falta dos maragatos aos que se lle atribúe a mercadoría e culinaria do pulpo – dende simples taberneiros a ilustrados boticarios, industriais do coiro e do papel, comerciantes, prestamistas, xuristas, deputados, ministros… Nomes entre os que selecciona aos que deixaron pegada nos arquivos: xente de letras, preiteantes, argallantes… Algúns deles tamén retratados pola Pardo Bazán en “El Cisme de Vilamorta”..
Lorenzo Valeiras Álvarez, nacido en Arcos (1669) e que apousentado no Porto de Eguas, abre a unha importante saga carballiñesa de negociantes entre a montaña e o mar.
Xosé Álvarez Álvarez “Chapurrán”, de Raparíz (finais do XVII), quizais o primeiro bautizado na nova capela de San Antonio. Como moitos dos seus veciños arrieiro de oficio e que non dubida en erguer casa e taberna na cerna da feira, escenario dunha documentada liorta entre os de Oseira e a Encomenda. Membro de sagas emparentadas entre si: a de Bernardo Valeiras Álvarez, a de Bartolomé Listanco Álvarez, propietario de dous muíños no Carrás, o da Pena e o do Tamborileiro, ademais creador de curtidos, corredor de viños e de aceite, tratante con portugueses de Braga establecidos en Flores, como Francisco Vilela.
Agustín Lourido Valeiras, de Listanco, nome entre arrieiros e pulpeiros asentados en Raparíz, negociantes do pescado seco e salgado, relacionados con Pontevedra, Noia o Muros.
José Álvarez Pallón, veciño da Eira de Flores, propietario sequeiros de fedorentos coiros e tratante con Portugal.
Tomás Obenza Gayoso, argalleiro milmañas que adquire propiedades arredor da feira, metido no trafego do coiro e da carpintería. Mercancías moi solicitadas neste ambiente de camiño.
José Álvarez, Álvarez, “Castellano”, avilesino que no 1769 casa en Arcos, corredor de viño, Un dos moitos apelidos asturianos que asentan aquí: Lastra, Quintana, Parrondo, Enriquez…
Agustín Valeiras Álvarez, da mesma saga a que prolongara cos seus sucesores como rico propietario que merca a a Chousa dos Baños.
José Pereira Álvarez, de Dacón e asentado en Arcos, dono de tabernas e tratante co sal.
José Pereira Vázquez (1757) de familia paterna que provén de Dacón para establecerse no Refoxo de Partovia, xornaleiro, raiante, preiteante pois, asociado co alfandegueiro e taberneiro do Porto Lorenzo Valeiras, con filla coa que casará Pereira.
José Lourido Valeiras, de Raparíz (1767), outro dos ricos propietarios, dono do muiño do Neto ou de Carrás.
Do Romanticismo ao Modernismo: liberais, boticarios, xurisconsultos, construtores…
Ábrese ao século XIX coa algarabía e novos ventos que supón a revolución francesa e as Cortes de Cádiz, de 1912, nas que se fundamenta a creación do modélico concello carballiñés. Nace entón unha nova burguesía, un novo comercio e un novo urbanismo. Momentos de encontros e desencontros entre liberais e absolutistas , pero manda o comercio. O centro da feira daquel atractivo Carballiño está na Praza do Pobo e a carón da humilde capela de San Antonio… Vila de fábrica de papel, de muíños, curtidos… na que aparecen sociedades de investimento, onde nacen e medran personalidades que acadarán representación na política. Velaí a Carlos Mosquera Deza, masidao de Amarante, o que, dende 1813 será o primeiro alcalde. Agustín Valeiras e Pedro José Fernández son dos máis potentados da vila. Promotores, os que antes que unha nova igrexa, inician a construción e a organización dun Concello que protagonizará a regulación da feira, a que gozará do primeiro recinto público de Galiza. A un tempo créase a nova Xunta Parroquial que preside, Xoaquín Álvarez de Agra, natural de Partovia, logo a Andres Benito Taboada e José Valeiras, “Patrón”…despois Benito Rodriguez del Prado, tamén de Amarante, avogado da Audiencia.
Sobranceira é a figura de Pedro José Fernández Caviedes, masidao, que sendo estudante compostelán sumouse ao Batallón Literario, boticario con sona por todo o Estado, rico propietario na Rúa Maior, tesoureiro do Concello, xerente da casa postal… Persoeiro que terá unha influínte filla Francisca Fernández Fernández. Pedro José é amigo e aliado dunha importante figura nesta primeira historia carballiñesa, a de José Benito Munín, señor do pazo de Ventosa, Xurenzás, curmán do guerrilleiro Cachamuiña e os que, co Marques de la Romana organizan a guerrilla cos franceses. Momentos nos que acontecen pasaxes que non foron desapercibidos á historiografía, como o de aquel soldado, dragón francés, que despistado do grupo evitou ser linchado grazas a que o párroco de Señorín acochouno no campanario
O devandito José Valeiras Álvarez “Patrón”: formado na arrieiría e nesa universidade popular e de intensas alianzas que era a taberna familiar. Será o cuarto Alcalde do Carballiño no 1821.
Bernardo Francisco Taboada López: de Astureses, formado en Madrid en medicina, catedrático na Corte, amigo da potente familia rioxana de la Riba, cos que casará a unha filla, donos de fábricas de curtidos, de papel, subministradores de manufacturas doutros países, entón moi en relación cos negociantes arrieiros.
Adrés Pazo González, “Fico”, liberal, rico propietario, emprendedor, que artilla relacións comerciais coas rías de Galiza e Portugal: o bacallau de Viana do Castelo. Alcalde que protexe a confraría de advocación portuguesa do Bo Xesús, que propón a construción da fonte do concello, a que encarga ao competente mestre construtor José Cendón.
Outro dos ricos propietarios será Hipólito Pereira Valeiras (1787). Liberal que move as milicias da Garda Nacional, familia de notarios, avogados, maxistrados, políticos, alcaldes….
Bernardo Pereira Valeiras, avogado, matemático, funcionario na Real Audiencia da Coruña, fiscal en Ourense e que polas súas intensas relacións será coñecido como “Arrieiro de su majestad”.
Valentín Fernández Fernández, boticario, liberal, xefe das milicias nacionais. Alcalde no 1835 cun papel importante na desamortización e sobre todo na mellora dos vellos camiños e construción de novos… empeñado en perseguir a bandoleiros, moitas veces emparentados e en contubernio cos mesmos arrieiros e mesoneiros. Xunto con outros veciños torturado polos carlistas e apresados no coruñés Castelo de San Antón
Ana María Taboada Blanco, filla de Benito Taboada e Josefa , casada con Benito Pardo Ulloa, barón de Buín, garda persoal de José Bonaparte e que, en 1823 colaborará co Duque de Angulema na composición dos Cien Mil hijos de San Luis.
Da orixe dos benfeitores irmáns Prieto ao liberal Ministro de Xustiza Tomás María Mosquera
Juan Antonio Prieto Sánchez, nacido no 1815 en Melide, dunha familia influínte, un dos seus irmáns, Froilán é avogado na Real Audiencia en Compostela, apoderado de Manuel de la Riba, xuíz de primeira instancia no Carballiño. Juán Antonio, atraído polo seu irmán, chega ao Carballiño no 1831 como médico dos pobres. Negociante ademais en muíños, casará cunha filla de Hipólito Pereira, Carmén da que nacerá a saga dos benfeitores irmáns Prieto: Severino que será xuíz en Iquitos, Amazonas Peruano, logo Presidente da Audiencia en La Habana; Leandro, fiscal no Perú, despois na Habana, presidente da Audiencia, Maxistrado do tribunal Supremo en Madrid; Laureano avogado, compañeiro e amigo de José Quiroga que pasa a ser franciscano, co nome de Francisco, impulsor de “El Eco Franciscano”… “Segundo” na novela “El Cisne de Vlamorta”. Adelaida, a máis nova, depositaria dos bens dos irmáns, creadora da Fundación. Eduardo e Petra foron outros dous irmáns. Benfeitores que reciben a Real Cruz Grande de Beneficencia.
Francisca Valeiras Rodríguez, filla de Agustín Valeiras e de Juana Rodriguez, casada con Agustín Rodriguez e que enviuvada será herdeira dunha gran fortuna. Dona dunha parte do balneario, prestamista, teimuda en finalizar a estrada a Pontevedra. Instalada na casona coñecida como Casa Soto, de 1844. O seu fillo Joaquín Rodriguez Valeiras será procurador dos Xulgado de Madrid, Alcalde do Carballiño, empeñado nas melloras do balneario e das estradas así como nas urbanísticas, polo que contrata o planeamento da vila a Gianzo.
José María Cibeira Corral, avogado, emprendedor comerciante de teas, secretario municipal de Pontevedra, Alcalde tamén do Carballiño, ademais de poeta, escritor, como o seu fillo Rogelio
Juan Cendón Carballal, natural da Lama, solicitado mestre construtor, con obras en Oca, Ourense, fábricas de papel… casado con Juana Gonzalez de Vilatuxe, o que, seguindo ao empeñado alcalde Valentín Fernández levará a construción do Concello, con planos encargado ao prestixioso arquitecto e académico madrileño Cirilo Ulibarri
Bernardo Pereira Valeiras (1825), vogado, fiscal no xulgado de Ribadavia, nas Palmas, Alcoy, Cádiz, rexistrador no Carballiño, Xuíz en Celanova, Vigo, Santiago, de ir e vir polo que será coñecido como “Arrieiro da Raiña”
José Antonio Taboada López (1802 Astureses), boticario que pasa por Asturias para establecerse no Carballiño, asociado con Cendón en grandes construcións, pai da benfeitora da parroquia Margarita Taboada Eijan.
Camilo López Valeiras, emprendedor metomentodo, en fábricas de chocolate, no establecemento de taxis-dilixencia, inspirador para a condesa escritora
Agustín Pereira Valeiras, escriban afeccionado á Historia, emparentado cos Munín, cos Prieto…
Tomás María Mosquera ( 1823 Castrelo, Cea) formado na Peroxa en pasantías, estuda dereito en Compostela, exerce en Cea, Carballiño… Demócrata liberal que se presenta por Ourense como deputado para ser Ministro de Ultramar, de Xustiza, interesado na abolición da escravitude. Figura que inspira á pardo Bazán como Victorino en “El Cisne”
Augusto Valentín Mosquera Fernández (1852) formado como avogado en Madrid, para exercer no Tribunal Supremo. Deputado polo Carballiño no Partido Democrático, loita por suprimir a pena de morte e reclama dereitos para os presos, na liña de Concepción Arenal
Domingo Parrondo Garrido, asturiano atraído pola foza comercial da vila, na que instala unha ferraxería. Liberal, financieiro que reclama ao seu paisano Marcelino Enríquez, o que ven de Viveiro e casa coa filla daquel, Josefa, para con tal legado crear a Banca Parrondo, a que no 1944 se vende ao Banco Español de Crédito, orixes dunha representativa saga carballiñesa.
Gaspara Conde Francisco (1792) de Flores, filla de Bernardo Conde e Josefa Francisco de Dacón, a que rexirá e lle dará nome e sona á concorrida taberna.
José Fernández Covelo “Alegría”, outro rico prestamista
Arturo Fraga López (Coles (1858) No 1879 encargado de telégrafos e correos, onde aprende con Pablo Pereira. Casa con Concepción Penedo, e enviuvado contrae nupcias coa irmá daquela Purificación. Deste matrimonio no 1888 nace, na Casa Soto, o que será grande empresario do cine Isaac, emigrante a Arxentina, establecido logo en Compostela, onde casa con Mercedes Framil Basanta creando salas de cine na Coruña, en Vigo e en boa parte do Estado
E sigue a obra de Montes Marqués cunha escolma de máis alarifes, moitos deles vinculados ás sagas anteriores, como Laureano Álvarez Pereira, o tío avó de Cela, José Cela Fernández… Ofrecendo ademais un índice cronolóxico de alcaldes, mesmo de propiedades no 1880 por rúas… En fin obra que abre a moitas outras nese inacabado bordado da historia. Libro que non debe faltar na biblioteca elemental dun carballiñés, por iso de saber de onde vimos e cara onde imos.
______________________________________________________________________
—————————————————————————————————
Traxectoria e obras de Felipe Senén
—————————————————————————————————
Outros ártigos de Felipe Senén:
Felipe Senén: “Os alarifes, as familias que crearon o Carballiño, libro necesario de Montes Marqués”
Felipe Senén: “Os programas de man das Festas Maiores do Carballiño”
Felipe Senén: “Algo sobre a emigración do Carballiño para o mundo”
Felipe Senén: “O Folión, os foguetes e os fogueteiros do Carballiño”
Felipe Senén:”Os eidos que abeiran o vello camiño das orixes, o de Flores a Señorín”
Felipe Senén:”Míticas curvas e reviravoltas nos vellos camiños do Carballiño”
Felipe Senén:”Miguel Anxo Fernández, o Carballiño e a súa aura como escritor e cinéfilo”
Felipe Senén:”O Carballiño e o reloxo de cuco do Balneario nas viaxes do escritor Alfonso Armada”
Felipe Senén:”A científica María Teresa Miras Portugal sempre na memoria do seu Carballiño”
Felipe Senén: Carlos A. Rodriguez e a súa novela sobre o galego “rei dos xíbaros”
Felipe Senén: “Xesús Carballido. Esoutra arte ou poética de argallar, pegar ou coser memoria”
Felipe Senén: “o Casino do Carballiño , a súa Festa da Mimosa e algo máis”
Felipe Senén: “Contos, medos, amuletos e santuarios das xentes do camiño”
Felipe Senén: “Felipe Senén: “A Rosa, a flor de Flores””
Felipe Senén: “A nobreza e os pazos dos arredores do Carballiño”
Felipe Senén: “O pasado e a base da Biblioteca Municipal do Carballiño”
Felipe Senén: “O profesor Xaime Ferreiro Alemparte: un universo literario entre Cabanelas e Alemaña”
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo nas lembranzas do Carballiño
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Felipe Senén: “O Tempo de Defuntos no pétreo barco do Cemiterio de Señorín “
Felipe Senén:”as decimonónicas fábricas de papel das terras do Arenteiro”
Felipe Senén: ” Algunhas lembranzas arredor da miña Eira de Flores “
Felipe Senén: ” O CARBALLIÑO, CAPITAL MUNDIAL DO PULPO”
Felipe Senén: “o pulpo, Aurora Baranda e o Carballiño, unha santa trindade galega”
Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”
Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”
Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”
Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”
Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”
Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño
Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “
Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”
Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”
Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”
Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”
Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas
A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño
Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño
O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella
O Campo da feira do meu Carballiño
A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño
Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño
Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño
O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo
O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura
Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego
O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros
Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes
O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño
Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros
Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga
Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento
Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira
O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte
Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural
Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño
Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño
A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…
O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri
Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…
As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”
Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…
O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”
Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega
A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre
O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba
O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán
Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida
Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo
Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo
As tradicións do Entroido do Carballiño
A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas
A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño
O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai
Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño
Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño
O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor
A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura
Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura
A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza
Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte
A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño
Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea
A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo
Lembranzas de pintura mural no Carballiño
Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego
A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey
As augas e as fontes do Carballiño
Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño
Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño
O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño
E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…
Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros
A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño
Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño
O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados
O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega
Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes