A Deputación colaborará en materia de formación coa Asociación provincial de Construtores na procura de nova man de obra

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Santiago Ferreiro Pérez e César Fernández Rios (Presidente e Secretario da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense - ACO).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial unha xuntanza de traballo co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense (ACO), Santiago Ferreiro, para analizar a situación actual do sector, con especial atención ao ámbito formativo na procura de man de obra que axude a paliar a falta de relevo xeracional nesta actividade. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Acompañados polo secretario xeral de ACO, Césareo Fernández, o presidente da Deputación e da asociación de construtores renovaron o compromiso de colaboración en materia de formación, con actividades que se farán extensibles a persoas maiores de 30 anos para paliar a falta de man de obra que está a padecer o sector. 

Luis Menor adiantou a Santiago Ferreiro algúns aspectos do capítulo de investimentos previstos no orzamento de 2024 da institución provincial e que inciden directamente na área de negocio das propias empresas asociadas. Ademais, Menor aproveitou para presentar o novo modelo de financiamento da Deputación, o “Plan CooperOU 2024”, a través do cal se transferirán fondos provinciais aos concellos “descentralizando así a capacidade de contratación en favor das entidades locais”, sen prexuízo de apoio técnico da institución provincial aos municipios.