Ecoloxistas en Acción e 130 organizacións máis entre as que se atopan SOS SUIDO-SEIXO MINA ALBERTA NON e Alarma Terra de Montes manifestan o seu rexeitamento á lei europea de materias primas críticas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Más de 130 organizacións, xunto con 100 persoas expertas e académicas de 30 países, enviaron unha carta aberta á Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, esixindo a retirada da Lei Europea de Materias Primas Críticas.

· Rexéitase a lei polo seu desprezo aos dereitos humanos e ambientais, o seu respaldo á enxeñería social para obter o silencio das comunidades e a súa incapacidade para abordar tanto unha normativa mineira obsoleta, como a urxencia de reducir a demanda de metais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

· Se se aproba, a lei acelerará os procedementos de concesión de permisos mineiros, recortará a lexislación ambiental e sentará as bases para inxectar miles de millóns de euros a empresas mineiras especulativas social e medioambientalmente irresponsables.

Non tardou a reacción #ante o anuncio do pasado luns do Consello e Parlamento europeos de dar luz verde á Lei de Materias Primas Críticas. Más de 130 grupos da sociedade civil e comunidades locais, así como persoas expertas e científicas de 30 países de dentro e fóra de Europa, asinaron unha carta aberta dirixida á Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, na que rexeitan o texto lexislativo e piden a súa retirada.

Facendo referencia á profunda crise política que vive Portugal por mor do escándalo derivado de dúas minas de litio na fronteira con Galicia, a carta advirte de que a lexislación proposta ampliará a influencia do lobby mineiro erosionando a gobernanza pública, estendendo os casos de corrupción e acentuando as asimetrías de poder. Só en España, o Observatorio Ibérico da Minería documentou máis de 30 casos de corrupción ou falta de adecuada supervisión administrativa.

A carta tamén expón que os responsables políticos da UE non viron máis aló da “burbulla” de Bruxelas, facendo caso omiso das repercusións potencialmente catastróficas dun novo boom mineiro cunha normativa obsoleta. Por exemplo, ponse en evidencia como diversas instalacións de residuos mineiros que se están propoñendo para novas minas en España ou Portugal serían ilegais en países como Brasil, Chile, China, #Ecuador ou Perú. Países que, por mor dos accidentes sufridos, endureceron a súa normativa.

Os asinantes tamén censuran que a lei de materias primas críticas apoia actividades de “aceptación social” destinadas a transformar a oposición pública a determinados proxectos mineiros en tolerancia pasiva ou apoio activo. A carta sostén que promover a pasividade cidadá #ante #ante actividades ilegais, danos socioambientales, corrupción e abusos laborais vulnera os principios democráticos e socava gravemente o Estado de Dereito. Isto ilústrase con 23 proxectos financiados pola UE por un custo total de 169 millóns de euros, a maioría con socios españois, que entre os seus obxectivos tiñan influír na aceptación pública dos proxectos extractivos.

As organizacións e académicas asinantes destacan, ademais, a incapacidade dos colegisladores para incorporar obxectivos de redución da demanda de materiais, o que nos aboca cara a un aumento exponencial da minería non só na UE senón en todo o mundo, dado que Europa acapara máis do 20% dos metais e minerais mundiais a pesar de ter menos do 10% da poboación mundial. Dado que as concentracións de mineral nos xacementos é cada vez máis reducida, as novas minas xeran un maior impacto ambiental, maior movemento de terras que xeran maiores volumes de residuos, un maior consumo enerxético e un aumento das emisións, baixo normas de seguridade mínimas en operacións baixo custo.

Por último, a carta advirte de que a aprobación da lei europea de materias primas críticas dará lugar a accións legais por parte das organizacións asinantes, xa que a lexislación proposta vulnerase os dereitos de participación pública na toma de decisións ambientais, consagrados pola Convención de Aarhus, da que son parte tanto o Estado español como a propia Unión Europea.

Na web: https://www.ecologistasenaccion.org/303518