Como cada 25 de novembro, dende San Amaro conmemoramos o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero contra ás mulleres. Dita data foi instaurada por primeira vez fai 30 anos pola Organización das Nacións Unidas.
As concelleiras de San Amaro Noelia Ordoñez e Paula Arias, acompañadas de todas as participantes dos cursos de costura, ximnasia e pilates que se realizan no concello de San Amaro din NON a violencia de Xenero
Este tipo de violencia é unha das violencias contra os dereitos humanos máis estendida do mundo actual, producindo cada día situacións dramáticas. Por iso é necesario que toda a sociedade se implique, para previr esta violencia, identificala e recoñecer os seus sinais.
Todos os días , é un día coma hoxe, lembramonos dunha maneira especial de todas a vítimas que padecen esta lacra.
A violencia de xénero prodúcese cada día en todos os recunchos do planeta e ten graves consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais e económicas sobre ás mulleres e nenas.
A loita contra a violencia de xénero debe ser integral e contar coa implicación do conxunto da sociedade, especialmente, cos poderes públicos e coas administracións sexan internacionais, nacionais, autonómicas, provinciais e por suposto locais.