O Slalom Scratch Fene pecha esta fin de semana o exitoso Campionato Galego da modalidade, cunhas cifras de inscripción que mostran o bo estado das carreiras autonómicas.
Con 73 equipos na liña de saída, a proba fenesa retornará ao lugar onde comezou todo, ao barrio de San Valentín, escenario da primeira edición no ano 2005. Este emplazamento permitirá aos participantes realizar maniobras máis vistosas nun trazado renovado e certamente espectacular.
Nesta edición do Slalom Scratch Fene o Trofeo de Debutantes pasará a chamarse “Trofeo Debutantes Manuel Gandoy” en honor ao mecánico fenés que sempre traballou para apoiar ao automobilismo da comarca.
Cos principais favoritos ao triunfo na clasificación xeral e nos distintos trofeos puntuables, a proba comezará ás 08:00 horas coas verificacións técnicas no propio barrio de San Valentín, en Fene.
A partir das 10:15 horas comezará a primeira manga de adestramentos, para celebrar xusto a continuación a segunda pasada de preparación.
Ás 15:30 horas, despois do parón para o xantar, será o momento para as dúas mangas oficiais das que sairá o derradeiro vencedor da tempada galega de slalom.