A Deputación de Ourense conmemora o 25 de novembro no Parque da Igualdade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente Luis Menor e a deputada de Igualdade, Teresa Barge, presidiron hoxe o acto promovido pola institución provincial para celebrar este efeméride coa lectura dunha declaración institucional  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 25 de novembro de 2023.-A Deputación de Ourense conmemora o 25 de novembro coa celebración dun acto no Parque da Igualdade, ao carón do encoro de Cachamuíña (Pereiro de Aguiar), que lembra e rende homenaxe ás mulleres asasinadas desde 2003 e cuxos nomes figuran ao pe da escultura “El abrazo” de Manuel Buciños. 

O presidente da Deputación, Luis Menor, presidiu un acto no que a deputada de Igualdade, Teresa Barge, deu lectura a unha declaración institucional con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.  

Segundo os últimos datos oficiais do mes de agosto de 2023, publicados pola Secretaría de Estado e Igualdade e contra a Violencia de Xénero, o número de casos de mulleres asasinadas confirmados no conxunto do Estado entre xaneiro e agosto de 2023 ascende a 40 mulleres, deixando 45 orfos. En Galicia, dúas mulleres asasinadas e dous nenos orfos. 

 “A violencia contra as mulleres só pode admitir a repulsa como resposta, tanto por parte dos poderes públicos como da sociedade que no seu conxunto debe avanzar con paso firme polo camiño da igualdade. Datas como a de hoxe lémbrannos que poder fin á violencia contra as mulleres e as súas fillas e fillos; así como aos seus familiares máis achegados é un obxectivo irrenunciable e prioritario”, recalca o manifesto.