O C.D. Arenteiro pon á venda as entradas da Copa co Rei fronte ao Burgos

O C.D. Arenteiro puxo á venda as entradas para o partido de Copa do Rei fronte ao Burgos. Para os socios con carné xeral custará 15 euros; con carné xove e membros da base, 10 euros e para público xeral 30 euros.  

Poderanse mercar do mércores ao venres de 10,30 a 13,30 e de 17,30 a 20,30 na oficina; o sábado de 10,30 a 13,30 na oficina e o domingo de 17,00 a 21,30 na taquilla de Espiñedo. e por último, o luns e martes de 10,30 a 13,30 e de 17,30 a 20,30 na oficina.

AVANTAR ACTIVIDADES

O prazo para retirar as entradas pola parte dos socio/as é ata o domingo.

Tódolos socio a excepción dos de Fondo norte e sur, terán acceso a Tribuna pola porta 2. Tódolos socio de Fondo (Sur ou Norte) so terán acceso pola Porta 3.

Reservarase o Fondo de porta 4 para a afección do Burgos, que terán as entradas á súa disposición en Burgos. Pola parte do clube sacaranse entradas para acceso a porta 3.