O Slalom Scratch Fene, unha das probas veteranas do certame autonómico, puxo este pasado sábado o fin ao Campionato Galego da modalidade, na que Rubén Gandoy foi o absoluto dominador.
No ano do retorno a súa ubicación inicial, o Slalom Scratch Fene reuniu a máis de 70 equipos dispostos a loitar pola victoria na xeral e nos distintos trofeos puntuables.
Sen deterse durante toda a xornada debido a extensión da lista de inscritos e ao sinuoso do trazado escollido, os participantes foron cubrindo as mangas ata chegar ás dúas oficiais, nas que Rubén Gandoy non deu opción aos seus rivais. O do Peugeot 206 foi o mellor nas dúas puntuables cun tempo final de 2:00,073. A continuación, a pouco máis dun segundo situouse Aarón Rodríguez, mentres que o terceiro escalón do podio foi para Diego Varela, que foi asemesmo o primeiro dentro do trofeo Júnior Espolímero.
Cuarto clasificado e primeiro dentro do trofeo Veteráns Norinver foi Pablo Castro, con David Amenedo no quinto posto da clasificación final da carreira fenesa.
Adrián Villamor foi o primeiro dentro do trofeo de Debutantes “Manuel Gandoy” Talleres Gandoy.
Dentro da modalidad de Iniciación, o primeiro lugar da clasificación foi para Ibán Garrote, con Maruquiña Chao no máis alto do trofeo feminino Ortegal Oil.
Por último, no trofeo de Históricos Scratch Fene, victoria para Javier Puentes, aos mandos do seu Seat 1430 Especial.