A Deputación de Ourense colabora coa proba deportiva “Enduro Gomesende”

César Fernández Gil (Vicepresiente da Deputación Ourense) participa na presentación da Copa Galicia de Enduro en Gomesende. Tamén participan Manuel Pérez González (Xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia), Pura Rodríguez Álvzrez (Alcaldesa de Gomesende), Javier Quintas Gómez (Responsable deportivo da proba) e Camilo Alonso Álvarez (Concelleiro de Gomesende).

A Deputación de Ourense colabora co evento deportivo “Enduro Gomesende” que se disputará os días 2 e 3 de decembro. O vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, coñeceu no Pazo Provincial os detalles da competición da man da alcaldesa e do concelleiro de Deportes de Gomesende, Pura Rodríguez e Camilo Alonso, respectivamente; do xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez: e do responsable deportivo, Javier Quintas.  

A competición, que chega por primeira vez ao municipio de Gomesende, disputarase en dúas xornadas: o sábado, 2 de decembro, será a quenda para os máis cativos con “mini enduro” para menores de 6 a 14 anos; e o domingo, 3 de decembro, será o enduro cos maiores de 16 anos. A organización estima unha participación de máis de cen en inscritos de distintos lugares de Galicia, e incluso tamén de Asturias, Castela e León, Madrid e Portugal.  

AVANTAR ACTIVIDADES