Marina Ortega critica que a Xunta “permaneza en silencio” diante do anuncio do recorte drástico das Unidades Interdisciplinares de Intervención Social anunciado o pasado 26 de setembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO SOCIALISTA ESÍXELLE AO GOBERNO GALEGO QUE IMPIDA O RECORTE DRÁSTICO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS NO CONCELLO DE OURENSE

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2023. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, esixiulle hoxe ao goberno galego que impida o recorte drástico das Unidades Interdisciplinares de Intervención Social -UNIS- que ten anunciado o Concello de Ourense. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Política Social do Parlamento para pedirlle á Xunta que garanta a atención social, que ademais é competencia súa.

A decisión, feita pública polo alcalde o pasado 26 de setembro, de suprimir as UNIS Casco Vello, Centro, A Ponte e O Couto e agrupalas nunha única sede na Praza de San Martiño, está a causar “revuelo social” na cidade polo que suporá de recorte nuns servizos que son a “porta de acceso” aos servizos sociais e fundamentais para a atención das persoas en risco ou vulnerabilidade.

Reclamou “accións contundentes” por parte do goberno galego, que “permanece en silencio” diante das fallas anunciadas dun servizo que parte dunha situación “delicada” precisamente pola “falla de compromiso do goberno galego sobre as políticas de servizos sociais e o seu sustento económico”.

Lembrou as conclusións dun recente informe da Fegamp que revela que o 30 por cento dos fondos que reciben moitos concellos para servizos sociais proceden de partidas estatais, mentres a Xunta apenas aporta un 3 por cento. Dixo que a Xunta “ten que resolver” este “desequilibro inasumible” para uns concellos “afogados” por un déficit de 600 millóns de euros por competencias que son da Xunta pero que obriga ás entidades locais a asumir sen darlles o financiamento necesario.

Advertiu que o goberno galego está “interpelado” por estes recortes, xa que é a administración competente en velar por que isto non suceda, a protección do cumprimento da normativa en servizos sociais e con elo “os dereitos da cidadanía de Ourense. Sen embargo, hoxe os máis de 100.000 habitantes de Ourense están “en vilo” polas eivas na cobertura dos seus dereitos en materia de políticas sociais que a Xunta “debe de protexer e non o está a facer”.