O Cine Club traslada a proxección deste venres ao domingo día 3

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta semana trasladamos a nosa proxección ao domingo día 3 de decembro, coa película francesa de animación No se admiten perros ni italianos, unha pequena obra mestra do cineasta Alain Ughetto, baseada na historia da súa propia familia, sobre todo na emigración a comenzos do século XX do seu avó, que abandonou a súa vida nun pequeno pobo do norte de Italia para marchar a Francia en busca de oportunidades para el e a súa familia. O filme gañou o premio á Mellor película de animación europea nos Premios do Cine europeo, e tamén o Premio especial do xurado no Festival de Annecy. Realizada coa técnica de animación stop-motion, reflicte a vida europea de comenzos do século pasado con gran mestría. Película tenra e áspera á vez, mezcla de drama e elementos cómicos, é unha personalísima película do seu director cunha enorme carga poética pero ao mesmo tempo moi realista. Os dous pases, ás 18:00 e ás 20:00 horas serán en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO