Ourense, 5 de decembro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co xornalista, comunicador e sociólogo Manuel Campo Vidal, para explorar liñas de traballo que contribúan a paliar o despoboamento. Ambos coincidiron na importancia de continuar a colaborar para atopar melloras baseadas na innovación tecnolóxica, a conectividade, o reforzo da educación e dos servizos para reverter a situación de despoboamento que afecta ao mundo rural e, en especial, á provincia de Ourense.
O presidente provincial explicou que se trata de aproveitar “as vantaxes competitivas que ofrece o noso territorio como a conectividade por Alta Velocidade coa capital e as diversas potencialidades que ten Ourense, para fixar poboación na provincia”.