Comunicado da Anpa do Conservatorio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lamentamos profundamente a “deixadez de funcions” da concelleira de educación e da directora do Conservatorio. A xestión do CMUS é “desesperadamente pasmosa”, “achacamoslles” que non participen na comisión de traballo para potenciar o conservatorio dónde os problemas se acumulan sin solucións. Dende a area de educación non se aportan medidas correctoras respostando que a solución pasa por solventar unha financiación externa a través doutras administracións.
O próximo martes 12 de decembro vaise levar a cabo a primeira reunión da comisión de traballo para potenciar o Conservatorio na que participarán as distintas representacións da comunidade educativa e grupos políticos da corporación municipal . Hai problemas que hai que tratar de inmediato para resolver“o que sexa posible” neste curso e planificar o financiamento para o vindeiro curso. Tódolos convocados confirmaron a sua participación salvo a dirección do CMUS e a concelleira de Educación que anunciaron que non participarían na comisión de traballo.
O grupo de goberno municipal non puido resolver a demanda de matrícula en numerosos instrumentos, nin se incorporou o especialista en Linguaxe Musical para este curso 2023-2024, polo que non foi posible cubrir as horas lectivas necesarias para atender alumnos en algún instrumento, algunha materia de conxunto e sobre todo para cubrir todos os grupos de linguaxe musical. Estamos nunha situación “excepcional” na que existe un grupo de primeiro curso masificado de 16 alumnos que, como sabedes, supera os ratios estipulados na normativa do noso centro e na normativa de educación e conservatorios ( o curso pasado o grupo de 1º estaba dividido en dúas aulas de 7+7). A pesar do descontento das nais/pais, a inspección educativa permitiu “recentemente” non alterar o funcionamento do centro e permitir esta “excepcionalidade” e “só para este curso” xa que o problema se agrava por non ter suficientes aulas.
Os responsables do CMUS din que a contratación do profesorado e a ampliación do horario lectivo non se pode resolver por falta de financiamento e que é necesario o financiamento externo doutras administracións.
Por outra banda, debido á retirada da Banda-Escola do CMUS, o centro quedou sen un importante número de instrumentos de percusión e orquestra, o

que fai que, para que o centro funcione correctamente, que a “cuestión de financiamento” esté agravada xa que é necesario repoñer o material e os instrumentos que a banda compartía co CMUS
Ademais disto, persisten os problemas de seguridade e saúde no centro dónde concurren 224 alumnos no actual curso 2023-2024 . Segundo informou a dirección do CMUS nunha recente reunión coa ANPA, non se iniciou ningunha xestión “técnico-experta” no centro para a elaboración do plan de autoprotección do centro. Dende a Anpa solicitouselle “reiteradamente” aos responsables de emerxencias e do conservatorio que poñan en marcha o plan de seguridade, evacuación e emerxencias do centro e do auditorio. “Preocúpanos a falta de calquera tipo de reacción e información”.
É moi preocupante que no auditorio se celebren actos e espectáculos “de pública concurrencia” sen un plan de autoprotección.
O plan de autoprotección así como a súa implantación é obrigatorio nun centro educativo público ,que deberá ser aprobado polo consello escolar, e polo momento non se presentou nin se iniciou ningún tipo de xestión técnica no centro para a súa redacción.
Dende a ANPA e a directiva do CMUS preocúpanos a desidía dos responsables do conservatorio. Por se fose pouco, hai outro tema de máxima prioridade no que tampouco temos información sobre o risco de radiación do gas radón no centro. A ANPA solicitou reiteradamente información sen éxito sobre por que non se implanta no centro un protocolo de prevención mentres non se leven a cabo as necesarias obras que os responsables do CMUS anunciaron para garantir a seguridade e saúde do profesorado e do alumnado.