O delegado territorial da Xunta reúnese con representantes da delegación en Ourense do colexio oficial de arquitectos de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá con membros da delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Nesta primeira toma de contacto, Gabriel Alén interesouse polo traballo que este colectivo profesional está a desenvolver e sobre os servizos que ofrecen aos seus colexiados.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como institución representativa da profesión dos arquitectos, esta corporación ten como principal obxectivo fomentar o seu desenvolvemento e velar para que a actividade profesional ofreza á sociedade as garantías suficientes de calidade e competencia.