A corporación do Carballiño reúnese mañá na última sesión plenaria do ano

A corporación do concello do Carballiño reúnese mañá xoves en sesión plenaria, a última do ano. O principal punto da orde do día, e que motiva o adianto da sesión, é a aprobación definitiva das ordenanzas fiscais. Neste punto, os grupos presentaron alegacións, que se anunciará se foron aprobadas ou desestimadas.

O BNG levará unha moción ao pleno deste vindeiro xoves para pedir o apoio para incentivar o comercio local e de proximidade nestas datas de Nadal.

AVANTAR ACTIVIDADES

A formación de Espazo Común leva dúas mocións ao pleno deste vindeiro xoves, o que será o último do ano. Por unha banda, piden que O Carballiño conte cun centro de día público, sendo o concello quen demande este servizo á Xunta de Galicia. Por outra banda, un Plan de humanización das rúas para os vindeiros anos.

O Partido Popular solicitará no pleno deste vindeiro xoves  que o concello do Carballiño se adhira á rede española de cidades saudables. Esta é unha forma de conseguir facer cursos ou diversas actividades tanto para os cativos como para a poboación en xeral, optando tamén a subvencións.