A Deputación investirá 1.580.000 euros para cofinanciar proxectos de mellora en seis campos de fútbol da provincia

Protocolo de colaboración para campos de fútbol.- O presidente provincial, Luis Menor, asina un protocolo de colaboración para o investimento en campos de fútbol cos representantes municipais dos concellos de Toén, Ricardo González Gómez, de Cartelle, Jaime Sousa Seara, de Lobios, Maria del Carmen Yañez Salgado, de Amoeiro, José Luis González López, de Trives, Patricia Domínguez Barja e da Arnoia, Rodrigo Aparicio Santamaria.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense investirá 1.580.000 euros para cofinanciar proxectos de mellora en seis campos de fútbol da provincia, onde se procederá á instalación de céspede artificial. Para tal fin, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asinou esta mañá no Pazo Provincial un convenio de colaboración cos alcaldes e alcaldesas dos concellos de Arnoia, Rodrigo Aparicio; Toén, Ricardo González; Amoeiro, José Luis González; Cartelle, Jaime Sousa; Lobios, María del Carmen Yáñez; e A Pobra de Trives, Patricia Domínguez.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Con estes acordos, a Deputación e os concellos asinantes sacarán adiante proxectos necesarios para os clubs que xogan en categorías superiores e que, en todos os casos, contan cunha gran afección.  

Estas obras de mellora terán continuidade o vindeiro ano a través do Plan de Infraestruturas que se asinará a comezos do 2024 coa Xunta de Galicia, e acometer despois outros proxectos pendentes.  

Trala sinatura do convenio, Luis Menor afirmou que con este compromiso “continuaremos a traballar para que Ourense sexa un lugar referente para a practica deportiva”. Destacou neste sentido o apoio do goberno provincial co deporte ourensán e, sobre todo, co deporte base, afirmando que é un “día importante para a nosa provincia porque desbloqueamos proxectos que son prioritarios para seis concellos ourensáns”.  

Neste sentido, os rexedores agradeceron de xeito unánime ao presidente provincial a súa disposición e compromiso para afrontar un importante investimento para a mellora das súas instalacións deportivas que beneficiará aos clubs que xogan nestes campos.