Detido pola Garda Civil o autor de varios roubos en Avión

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense en colaboración coa Garda civil de Beariz detiveron o día 12 de decembro no marco da Operación GENESIS a un veciño de Avión de 28 anos de idade como presunto autor de catro delitos de roubo con forza ocorridos en vivendas da localidade de Avión entre novembro de 2021 e decembro 2023.

Tras realizar un rexistro domiciliario incautáronse 2 carabinas de aire comprimido, xoias, moedas, bicicletas, tv, ferramentas e electrodomésticos e 2690 € en efectivo. Tamén foron intervidas ganzuas e vestimentas utilizadas para a comisión dos feitos delituosos. O valor aprox de todo os roubos ascende a 54.000 euros. O detido foi posto ao dispor xudicial do xulgado de instrución de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES