O Bng de Ourense presenta unha solicitude ao Consello de Contas de Galiza sobre as actuacións de Jacome

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Solicitude que desde o Grupo municipal do BNG vimos de rexistrar diante do Consello de Contas de Galiza e na que solicitamos celeridade na resolución das dúas solicitude previas rexistradas en setembro e novembro. En ambos casos púñase en coñecemento do Ente fiscalizador das Administracións locais dous informes da Intervención municipal e relativos a prodecementos nos que se advirte de graves irregulariedades e mesmo da comisión de algún ilícito penal, para coñecer se é así e se corresponde dar traslado á autoridade xudicial competente.
Esta solicitude de celeridade faise en base aos feitos acaecidos nos últimos días e relativos ao expediente aberto ao Interventor municipal por parte da Alcaldía así como o aberto hai meses á Tesoureira municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

SOLICITUDE

Xosé Luís Seara Fernández, en calidade de Concelleiro-Portavoz do Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense e con domicilio a efectos de notificacións en Oficina municipal do BNG no Concello de Ourense, Casa do Concello, Praza Maior nº1, 32005 ou electrónicamente en bng@ourense.gal, comparece e, como mellor proceda en dereito


EXPÓN
1.- Que con datas 29 de setembro de 2023 e 07 de novembro de 2023, trasladamos a través da Oficina Auxiliar do Rexistro Electrónico e con números de entrada 2023-E-RE-1416 e 2023-E-RE-1717 senllas solicitudes nas que se incluían os informes elaborados pola Intervención municipal do Concello de Ourense en outros tantos procedementos e nos que se advertía de graves irregulariedades e, mesmo da presunta comisión de algún tipo de ilícito penal.
2.- Que o obxectivo do Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense ao trasladar dita
documentación ao Consello de Contas non é outro que dilucidar se efectivamente estamos diante de, tal e como afirma o alto funcionario encargado da fiscalización da xestión económica municipal, graves irregulariedades administrativas que mesmo poidan ter percorrido xudicial.
3.- Que con data 12 de decembro de 2023 o Alcalde-Presidente do Concello de Ourense
comunicou a apertura dun expediente de cese ao Interventor municipal alegando
“obstruccionismo continuado no desempeño das súas funcións, utilizando técnicas diversas” e de practicar “lawfare”.
4.- Que dito expediente de cese ao Interventor municipal engádese o aberto hai meses á
Tesoureira municipal por “ser unha tiquismiquis” no exercicio das súas funcións.
5.- Que chama poderosamente a atención que os expediente abertos e as continuas
descualificacións públicas do actual Rexedor vaian dirixidas a dous altos funcionarios
encargados da xestión e fiscalización económica dun Concello que, teñen manifestado nos seus informes a súa discrepancia co xeito de proceder por parte do Goberno Local.
6.- Que a este xeito de gobernar, con absoluto desprezo pola norma e os procedementos,
eludindo garantías e principios básicos de xestión pública, nin se lle pode nin se lle debe dar carta de normalidade, xa que estamos a falar da xestión de diñeiro público, de diñeiro do conxunto da veciñanza de Ourense.
7.- Que a sociedade de Ourense ten que ter a certeza de que a fronte do Goberno local hai persoas nas que se pode confiar e non un Goberno baixo sospeita que goberna o Concello como se fose a súa finca particular.


Por todo o exposto con anterioridade,
SOLICITA
1.- Que á vista dos feitos, e ante a gravidade dos acontecementos, resolvan á maior
brevidade posible as solicitudes rexistradas polo Grupo municipal do BNG no Concello de
Ourense e referenciadas no punto primeiro para poder coñecer se, a ollos do Ente
fiscalizador das contas e da xestión económico-financiera do sector público galego, dos
informes remitidos puidera derivarse algunha responsabilidade administrativa e incluso se
puidéramos estar diante de algún ilícito penal que sexa preciso pór en coñecemento da
autoridade xudicial competente.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo