“Esta nova arroutada do rexedor contra as e os funcionarios trata, de novo, de servir como cortina de fume, para tapar a súa xestión vergoñenta e irresponsable, propia dun pequeno dictador”, afirmou a edil Natalia González Benéitez
Neste senso, a tamén secretaria xeral do PSdeG lamentou que o alcalde vaia levar “ao límite” á cidade sen medir as consecuencias “persoais, políticas e institucionais” que poidan ter as súas repentinas decisións para a mesma
Ourense, 12 de decembro de 2023. O grupo municipal socialista vén de solicitar acceso urxente ao expediente de cese do interventor do Concello de Ourense cuxa incoación anunciou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome para coñecer de primeira man cal é a motivación desta decisión.
“Esta nova arroutada do rexedor contra as e os funcionarios trata, de novo, de servir como cortina de fume, para tapar a súa xestión vergoñenta e irresponsable, propia dun pequeno dictador que converteu xa ao Concello de Ourense no seu cortello particular”, incidiu a portavoz dos e das socialistas e secretaria xeral do PSdeG local, Natalia González Benéitez.
Neste senso, lamentou que o alcalde vaia levar “ao límite” á cidade sen medir as consecuencias “persoais, políticas e institucionais” que poidan ter as súas repentinas decisións para a mesma.