O mercado de Nadal de Maside contou con vinte e dous postos de artesanía e gastronomía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis, o concello de Maside comezou coa súa programación de Nadal co que xa é unha tradición: o seu mercadillo na Alameda. En total, máis de vinte postos de artesanía, agasallos e tamén doces ofreceron os seus produtos. Esta foi a cuarta edición e os participantes agradecen o bo trato do concello, que pon todas as facilidades para que os artesáns participen nela. A pesar do frío, foi de novo todo un éxito.

Algúns postos repiten ano tras ano e outros estreáronse, como unha editorial de Celanova que trouxo os seus libros a esta mostra. A acollida foi moi boa durante toda a xornada, na se achegou xente de toda a comarca.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO